Saltar ao contido

Xosé Barreiro Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Barreiro Prado
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Foz, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4681302 Dialnet: 3577704

Xosé Xoán Barreiro Prado, nado en Foz en 1958, é un maxistrado galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante as súas primeiras etapas como xuíz, estivo ao cargo do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, órgano que recibiu o primeiro Premio Lois Peña Novo, en 1995, por ser un dos primeiros xulgados que traballou integramente en galego. É maxistrado presidente da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra e profesor na UNED.

Participa activamente en movementos asociativos. É membro fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e da Irmandade Xurídica Galega. Tamén pertence ao consello de redacción da Revista Xurídica Galega.

  • Premio Lois Peña Novo, 2000.
  • Premio Xoán Manuel Pintos, 2006 do Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades amigas da Lingua, como recoñecemento ao seu labor de defensa e dignificación da lingua galega no eido xudicial, especialmente na cidade de Pontevedra.
  • En 2009 foi nomeado fillo predilecto do concello de Foz polo seu labor profesional e polo seu compromiso na defensa da lingua galega no mundo da xustiza.
  • En 2010 foi recoñecido como Galego Egrexio polo Premio da Crítica Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]