Xosé Bouzó Fernández
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (62/63 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, escritor |
Xosé Bouzó Fernández, nado en Vigo o 5 de outubro de 1962, é un escritor e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixinario de Guillade (Ponteareas). En 1985 licenciouse en Filoloxía galega e portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de lingua e literatura galegas no colexio San Miguel e no instituto Santa Irene. No Grupo Educativo O Castro-San Miguel traballou como profesor de educación física, e creou varias asociacións deportivas e foi adestrador de atletismo, baloncesto e voleibol. En 1988 superou as oposicións de profesor de educación física, sendo destinado ao IES Ricardo Mella, e ao ano seguinte obtivo destino definitivo no IES Manuel Antonio. Ao curso seguinte foi escollido director do centro. Despois traballou no instituto da Cañiza, o IES Proval de Nigrán, e desde 1995 no IES Primeiro de Marzo de Baiona, onde é xefe de departamento de educación física.
Colabora no Instituto de Estudos Miñoráns e participou na creación do grupo S.O.S. Groba en defensa da serra da Groba. Xunto con Xurxo Pérez Pintos deseñou e levou a cabo os paseos pedagóxicos que desde a década de 1990 fan parte das Xornadas do Ensino organizadas en Vigo pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a CIG. É tamén empresario no sector educativo e inmobiliario (Vigo, Lisboa) e no desenvolvemento agroforestal na parroquia de Guillade (Ponteareas) e na xuradía de Marzán (O Rosal).
Obra
[editar | editar a fonte]Na súa época universitaria comezou a publicar poemas na revista Dorna e na do IEM.
- As bioinvasións na Galiza (A Nosa Terra, 2004; con Xurxo Pérez Pintos)
- A pegada socioecolóxica do sistema enerxético galego (Sotelo Blanco, 2007; con Xurxo Pérez Pintos)
- Serra da Groba. A formación da paisaxe (Tórculo, 2017; con Xurxo Pérez Pintos)