Xosé Cannas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 (51/52 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | Sommelier |
Xosé Manuel Torres Cannas, chamado Xosé Cannas, nado en Vigo en 1973, é un restaurador e cociñeiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1988 entra a estudar na Escola de Hostalaría en Vigo, e comeza a traballar nos veráns nun restaurante no Canadá, propiedade duns amigos da familia[1]. De regreso a Galicia, e co seu irmán Xoán que é sommelier, abren a principios do século XXI un restaurante en Sanxenxo, que chaman Pepe Vieira en lembranza do seu avó.
En 2003 é un dos nove cociñeiros fundadores do Grupo Nove, un colectivo de cociñeiros creativos galegos. A finais de 2007 el e mailo irmán, mudan o restaurante a unha nova localización, en Poio. En 2008 o seu restaurante recibe unha estrela Michelin, e dous soles na guía Repsol[2].
Obras
[editar | editar a fonte]- El área de cocina. Conceptos básicos (Editorial Ideas Propias).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado e ten dous fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La estrella me da respeto, no miedo[Ligazón morta], La Voz de Galicia, 30/11/2008
- ↑ Soles de decembro Arquivado 06 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Colineta, 5/12/2008