Xosé Docampo Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1891 Guimarei, España |
Morte | 5 de abril de 1986 (94 anos) A Estrada, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, xornalista, escritor |
Pseudónimo literario | Casagrande |
Xosé Docampo Vázquez, coñecido como Casagrande, nado en Guimarei (A Estrada) o 1 de outubro de 1891[1] e finado na Estrada o 5 de abril de 1986,[2] foi un mestre, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende moi novo, traballou primeiro de canteiro e despois de xastre. Foi compaxinando os seus labores cotiáns cos estudos. Deveu mestre e exerceu como tal. Foi concelleiro[3] e tenente-alcalde da Estrada. Participou na creación do Instituto de Ensino medio e despois no Colexio da Inmaculada, onde exerceu de profesor de Xeografía e Historia; seguiu cos estudos e chegou a facer os dous primeiros cursos de Filosofía e Letras. Foi Delegado Comarcal de Sindicatos.
Cronista oficial da Estrada dende 1950,[4] foi un dos fundadores do Recreo Cultural da Estrada, do que tamén foi presidente durante anos. Así mesmo foi cofundador da Masa Coral Estradense, onde cantou durante anos. En 1962 foi un dos que se desprazou a Linares (Xaén) para buscar os restos do poeta estradense Xosé Manuel Cabada Vázquez.
Colaborou nos periódicos estradenses El Estradense e El Emigrado, en La Vanguardia de Vigo e, sobre todo, en Faro de Vigo, do que foi correspondente dende 1914. Colaborou intensamente con Radio Estrada na década de 1960.
Obras
[editar | editar a fonte]Publicou a obra narrativa Xente que vai e vén (ed. Manuel Docampo Pego, 1983) onde se recolleron diferentes contos que fora emitindo nas ondas de Radio Estrada.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu a "Medalla de Ouro" concedida polo xornal Faro de Vigo en recoñecemento polas súas colaboracións de máis de 50 anos.[cando?]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 86.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-4-1986, p. 66.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-9-1928, p. 10.
- ↑ Troyano Viedma, José Manuel. "Cronistas oficiales de las comunidades autónomas de Cantabria, Cataluña, Extremadura y Galicia (España)". Real Asociación Española de Cronistas Oficiales (en castelán).