Xosé Fraga Iglesias
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Campo Lameiro, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xosé Fraga Iglesias, nado en Campo Lameiro, foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Residiu en Marín durante case trinta anos. Poeta popular. Vinculado ao concello de Cotobade, participou no movemento veciñal e no intento de crear unha cooperativa de produción para unila cunha de consumo de Vigo. Colaborou en A Voz de Cotobade.
Obras
[editar | editar a fonte]- Falando calado. Escolma de poemas e artigos galegos e casteláns e mais unha muiñeira, 1986.
- Longa noite de ferro, 1997.