Xosé Luís Fontenla Méndez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 |
Morte | 14 de decembro de 1998 (82/83 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Familia | |
Fillos | José Luís Fontenla Rodrigues |
Xosé Luís Fontenla Méndez, nado en 1915 e finado en Pontevedra o 14 de decembro 1998,[1] foi un mestre e político galego
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Fontenla. Foi alumno da Escola Normal de Pontevedra. Colaborou coa Sección de Psicoloxía do Seminario de Estudos Galegos dirixida por Antón Iglesias Vilarelle. Pertenceu a Labor Gallega de Pontevedra. Participou en maio de 1934 na primeira Asemblea da Federación de Mocedades Galeguistas, nela resultou elixido para a Secretaría Executiva.
Foi mestre en Arbo. Despois da guerra tivo a intención de volver publicar a revista Logos con Iglesias Vilarelle, pero as autoridades franquistas esixíanlles unha declaración de adhesión a Movimiento e decidiron non continuar co proxecto. Foi axente de seguros na provincia de Pontevedra.
Participou na Asemblea de constitución da editorial Galaxia, celebrada en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1950. Realizou a primeira versión ao galego dos Evanxeos en La Noche e traduciu o Ordinario da Misa ao galego. Foi un dos fundadores do Ateneo de Pontevedra e do Cine Club de Pontevedra.
Finou en Pontevedra con 83 anos.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Rosa Rodríguez Pérez e foi pai de José Luís Fontenla Rodrigues.