Xosé Manuel Fernández Abraldes
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Perdecanai, España |
Alcalde de Barro | |
2015 – ← José Antonio Blandín Eirín | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Xosé Manuel Fernández Abraldes, nado en Perdecanai (Barro) en 1961,[1] é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante nacionalista dende os anos 70, pasou por ERGA na súa etapa estudantil nos institutos Sánchez Cantón e Xunqueira I en Pontevedra. Na mesma época participou da AN-PG e afiliouse á Unión do Povo Galego. Ao longo das seguintes décadas foi Responsábel Comarcal do BNG en Pontevedra, comarca na que tamén foi voceiro da plataforma Nunca Máis. Do mesmo xeito foi durante anos membro do Consello Nacional do BNG, así como do Comité Central e o Secretariado Político da UPG, sendo o Secretario Político da Zona de Pontevedra.
Nas eleccións municipais de 2007, tras participar activamente da vida interna do BNG os anos anteriores, encabezou por primeira vez a candidatura do BNG en Barro, logrando ser a segunda forza política tralo PPdeG. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou novamente a candidatura nacionalista e volveu a ser a segunda forza política do concello. Nas eleccións municipais de 2015 foi elixido alcalde ao acadar catro concelleiros, despois de que o PPdeG perdese a maioría absoluta, e acadar un pacto de goberno co PSdeG-PSOE de José Sanmartín Soto[2]. En 2019 foi reelixido ao lograr a maioría absoluta. En 2023 logrou de novo a alcaldía tras impoñerse nos comicios, mais perdeu a maioría absoluta e estableceu un pacto de goberno co PSdeG-PSOE de José Sanmartín.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barro, C. B. (21 de xaneiro de 2011). "Fernández Abraldes repite como cabeza de lista del BNG en Barro". La Voz de Galicia. Consultado o 8 de abril de 2017.
- ↑ "Xosé Manuel Fernández Abraldes novo Alcalde do Concello de Barro". Consultado o 8 de abril de 2017.
- ↑ Vilar, Mónica P. (19 de xuño de 2023). "La elección de los nuevos alcaldes: fin de las dudas en Ourense o Cambados, sorpresa en concellos como Ramirás, Mugardos o Cabanas, y guiones cumplidos en Santiago, Vigo o Lugo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2023.