Saltar ao contido

Xosé Manuel García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Manuel García
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Carnota, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Carnota
1999 – 2007
← José Domingo Cipriano OreiroJosé Domingo Cipriano Oreiro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Xosé Manuel García Martínez, nado en Lira en 1954, é un médico e político do BNG que foi alcalde de Carnota.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor de profesión, tras varios anos exercendo como médico de cabeceira en diversos lugares de Galiza, chegou a ser o médico titular da Casa do Mar de Muros.

Manolo García comezou a interesarse pola política desde a súa época universitaria, militando daquela na formación estudantil nacionalista ERGA. Cando se desprazou a traballar a Muros, comezou a súa participación na vida política de Carnota desde a Asemblea Local do BNG. Trala expulsión do alcalde Manuel Brea Beiro da formación nacionalista, encabezou a candidatura do BNG no ano 1995 logrando 2 concelleiros tralo PPdeG e o PSdeG e por diante dos independentes de Brea Beiro. Este último desbaratou a posibilidade dun goberno de esquerdas tras pactar co PPdeG, polo cal o BNG se situou na oposición xunto cos socialistas. Dende a oposición destacou xunto cos seus compañeiros pola intensa labor de control ó goberno de populares e independentes (os cales rematarían por integrarse na formación conservadora).

Froito dese traballo, nas eleccións municipais de 1999 logrou un gran avance tras pasar de 2 a 5 concelleiros, situándose como segunda forza política tralo PPdeG, o cal non alcanzou a maioría absoluta. Desta forma logrou a alcaldía tras alcanzar un pacto de goberno cos 2 edís do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2003 logrou novamente a alcaldía tras un novo pacto de goberno co PSdeG-PSOE, se ben perdeu un concelleiro en favor dos seus socios de goberno.

En 2007 rexeita volver presentarse a candidato do BNG de Carnota a revalidala alcaldía por problemas de saúde, pechando así un intenso ciclo dedicado á política activa e ó concello carnotán.


Predecesor:
José Domingo Cipriano Oreiro
 
Alcalde de Carnota
 
1999 - 2007
Sucesor:
José Domingo Cipriano Oreiro

É irmán do actor Miguel de Lira.[1]

  1. A noite de Miguel de Lira (CRTVG). 9 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]