Xosé Manuel González Reboredo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1946 (78 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | etnógrafo |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Avelina Clara Fernández [1] |
Fillos | José David e Jacobo Manuel |
Xosé Manuel González Reboredo, nado en Lugo o 12 de outubro de 1946, é un antropólogo galego. Influído por Fermín Bouza-Brey, especializouse en prehistoria e etnografía galegas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filosofía e Letras (especialidade de Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1968, coa cualificación de Premio Extraordinario. Na USC foi profesor de prehistoria e etnoloxía entre 1968 e 1970 e encargado da cátedra na Escola de Maxisterio de Lugo, doutorándose en 1974 na mesma universidade. Catedrático de bacharelato (1980), foi profesor do Instituto Rosalía de Castro e de ciclo superior de Técnicos de Información Turística. Presidiu o Clube Nacionalista Alén Nós.
É colaborador e membro do padroado do Museo do Pobo Galego e responsable da Sección de Etnografía Material (cultura agraria) dende a súa fundación ata 1989 e membro da xunta reitora de 1987 a 1990, e membro da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, e dirixiu a sección de Etnografía e Folclore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento de 1976 a 2001, do que tamén foi secretario e bibliotecario. Membro do Consello Editorial do Proxecto Galicia e coordinador dos volumes de Antropoloxía Cultural de Hércules de Edicións. Colaborou coas publicacións Anuario de Historia de la Antropología Española (Barcelona), Antropológicas (Universidade Fernando Pessoa, Porto), Cuadernos de Estudios Gallegos e Guía dos Libros Novos (Santiago de Compostela).
Membro das comisións técnicas de Etnografía e de Valoración de BICs da consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da comisión de cultura da Deputación de Lugo e do padroado da Fundación Antonio Fraguas.
Participou en varias escavacións arqueolóxicas, como a do Buriz (Guitiriz),[2] codirixida con Fermín Bouza-Brey e Carlos García Martínez.[3] Correspondente da Real Academia Galega dende 1972 e membro da xunta directiva da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.
Obra
[editar | editar a fonte]Fixo traballos etnográficos de campo en Galicia e León. Foi coordinador de seis simposios organizados polo Consello da Cultura Galega e presidente do III Congreso de Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Aplicada. (Pontevedra, 1996). Ten máis dun cento de artigos e relatorios publicados en Galicia, España e outros países e varios libros, entre os que destacan:
En galego
[editar | editar a fonte]- Lendas Galegas de Tradición Oral, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1983. Foi traducida ao castelán.[4]
- A festa de San Xoán, Ir Indo, 1989, ISBN 84-7680-015-0.[5]
- Guía de festas populares de Galicia, Guías Galaxia, 1997. ISBN 84-8288-130-2.[6]
- Sociedade e tecnoloxía tradicionais do val de Ancares, con Clodio González Pérez, 1996.
- Medicina popular e antropoloxía da saúde. Actas do Simposio internacional en homenaxe rendida a D. Antonio Fraguas (coordinador), 1997.
- Nos lindeiros da galeguidade. Estudio antropolóxico do val de Fornela (etnohistoria, etnomusicoloxía, etnografía), con Luís Costa e Clodio González, CCG, 2002, ISBN 84-95415-56-9.[7]
- Vida e obra de Xaquín Lorenzo, Galaxia, 2004. ISBN 84-8288-663-0.
- Os santos titulares de parroquia en Galiza, Sotelo Blanco Edicións, 2012, ISBN 9788478246267
En castelán
[editar | editar a fonte]- El folklore en las castros gallegos, USC, 1971.
- Entroido: aproximación a la fiesta del carnaval en Galicia, con X. R. Mariño Ferro, Deputación da Coruña, 1987. ISBN 84-505-5520-5.[8]
- Antropología y Etnografía de las proximidades de la Sierra de los Ancares, con Joaquín Rodríguez Campos e Clodio González Pérez, Deputación de Lugo, 1990-91, ISBN 84-86824-70-2.
- La invención del Estado-nación, reflexión (in-)útil para una justificación de las ideas vulgares, y no tan vulgares, sobre la nación, 2001, ISBN 84-88413-72-6.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañou o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2012, por Os santos titulares de parroquia en Galiza. Pasado, presente e perspectivas de futuro.
- Premio da Cultura Galega 2024.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 275. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ González Reboredo, Xosé Manuel; Luaces González-Rosón, Pedro (1970). "Insculturas de Buriz (Guitiriz, Lugo)". Cuadernos de estudios gallegos 25 (76): 129–134. ISSN 0210-847X.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD) . Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ "Leyendas gallegas de tradición oral". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-04.
- ↑ Imaxe da portada: A festa de San Xoán
- ↑ Imaxe da portada: Guía de festas populares de Galicia
- ↑ Nos lindeiros da galeguidade PDF, 12,1 MB
- ↑ Imaxe da portada: Entroido en Galicia
- ↑ Galicia, Xunta de (2024-11-10). "Os Premios da Cultura Galega 2024 recaen en Manuel Lourenzo, Xosé María Pérez Barro, Marta Pazos, Joaquín Martínez, Ficción Producións, Julia Díaz, Xosé Manuel González e o Real Club Celta de Vigo". Xunta de Galicia. Consultado o 2024-10-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diccionario enciclopédico galego universal 31. Ir Indo para La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 46. ISBN 84-7680-429-6.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 997.
- Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo. 1999-2002. p. 54. ISBN 84-7680-288-9.