Xosé Manuel Pacho Blanco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Ourense, España |
Formación profesional | Dereito e Ciencias Políticas e da Administración |
Director de tese | Pilar Allegue |
Actividade | |
Ocupación | escritor, avogado, profesor universitario |
Premios | |
Xosé Manuel Pacho Blanco, nado en Ourense en 1974, é un escritor, avogado e profesor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito (1997) e Ciencias Políticas e da Administración (2013), Doutor en Dereito (2016), e avogado dende os 23 anos, Xosé Manuel Pacho ten colaborado en diferentes proxectos no eido cultural, así como con diversas institucións, como o Consello da Avogacía Galega, a Orde de Advogados de Portugal, a Universidade Autónoma de México, a Universidade París III, a Nouvelle Sorbonne, o CEAJ, a Avogacía Española, a Fundación Vicente Risco, a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto e a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco, entre as máis relevantes.
Ten publicado tamén recensións de libros sobre temas vinculados á filosofía política, ao dereito político e á literatura. A súa actividade abrangue ademais colaboracións con prensa escrita, na que ten falado, especialmente, de literatura, partidos políticos, política e dereito, temas sobre os que tamén ten dado varias conferencias.
Entre 2000 e 2005 foi director da Revista Xurídica Xeral Controversia, editada polo Colexio de Avogados de Ourense, e na actualidade é membro do Padroado da Fundación Vicente Risco.
Ámbito académico e investigador
[editar | editar a fonte]No eido académico ten sido profesor de Teoría Constitucional e Historia do Constitucionalismo na facultade de Dereito da Universidade de Vigo, e de Filosofía do Dereito e Teoría do Dereito na facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, tamén na Universidade de Vigo.
No eido da investigación publicou varios traballos en campos tan diversos como a Filosofía do Dereito, o Dereito Comparado e o Dereito Administrativo, así como o Dereito Político, o Dereito Civil, a Teoría Literaria e a Etnografía. Merecen especial mención os seus traballos sobre o Senado e a súa reforma, e sobre Frei Martín Sarmiento. Foi o relator-redactor máis novo do III Congreso de Dereito Galego (A Coruña, 2002), cun relatorio onde por primeira vez na historia do Estado español se pediu a equiparación das unións de feito ao matrimonio.
Ámbito literario
[editar | editar a fonte]Coa súa primeira novela, A choiva do mundo (editorial Galaxia), obtivo o Premio Torrente Ballester en 2007. Con ela, publicada en español no ano 2012 (La lluvia del mundo, editorial Funambulista), fixo a súa incursión no mundo literario, no que segue a obter éxitos da man doutros galardóns. Así, en 2011 a súa obra Paraísos é galardoada co V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico nas súas dúas categorías, a do xurado e a do público. Xa en 2013 obtén o Premio de Teatro Rafael Dieste cunha obra que escribiu xunto con Zé Paredes[2]. Trátase de Teatro, ou xeitos de cargar unha arma, que fai del o único escritor galego até o momento laureado co Torrente Ballester e o Rafael Dieste.
Obras
[editar | editar a fonte]Obra literaria
[editar | editar a fonte]- A choiva do mundo (2008). Vigo: Galaxia. 244 páxs. ISBN 978-84-9865-118-8.[3]
- La lluvia del mundo (2012). Madrid: Funambulista. ISBN 978-84-939855-0-9
- Teatro, ou xeitos de cargar unha arma (2012). Deputación Provincial da Coruña. ISBN 978-84-9812-230-5.
- O que non ten prezo (2024). Vigo: Galaxia. 150 páxs. ISBN 978-84-1176-222-9.[4]
Artigos e obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Pacho Blanco, Xosé Manuel & Freán Hernández, Óscar (2002). "La nueva configuración de mapa político gallego tras las elecciones autonómicas de 1997: la consolidación del Bloque Nacionalista Galego como primera fuerza política de la oposición". Actas del III Simposio de Historia Actual: Logroño, 26-28 de octubre de 2000, Vol. 2, 2002, ISBN 84-95747-23-5, págs. 769-782 (Instituto de Estudios Riojanos): 769–782. ISBN 978-84-95747-20-4.
- "As ideas xurídicas de Frei Martín Sarmiento", Controversia, Ourense, núm. 03, 2002.
- Pacho Blanco, José Manuel (2002-01-01). "Apuntes en torno a la realidad de las segundas cámaras en el constitucionalismo comparado. Entre una Cámara de Notables y una Cámara de Representación territorial". Boletín Mexicano de Derecho Comparado (en castelán) 1 (104). ISSN 2448-4873. doi:10.22201/iij.24484873e.2002.104.3716.
- Barros Casal, Julio; et al. (2003). "Personas y familia". Foro galego: revista xurídica (191): 111–123. ISSN 1695-5463.
- "Aproximación xurídica ás realidades das segundas Cámaras lexislativas. Reflexións para a reforma constitucional do Senado español", Ferrol Xurídico, Ferrol (A Coruña), núm. 04, 2003.
- "Aproximación jurídica a las realidades de las segundas cámaras legislativas. Reflexiones para la reforma constitucional del Senado español", Revista Vasca de Administración Pública, Vitoria, núm. 70, 2004.
- Pacho Blanco, Xosé Manuel (2005). "Aproximación xeral á regulación histórica-xurídica do dereito urbanístico. Análise do expediente de expropiación da casa-pazo dos marqueses de Bóbeda de Limia na cidade de Ourense". Boletín auriense (35): 127–154. ISSN 0210-8445.
- "Os mundos da castaña", en A castaña, patrimonio gastronómico, Xunta de Galicia, Consorcio Ribeira Sacra, Santiago de Compostela, 2010.
- "Las novedades tributarias en el Impuesto sobre la Renta en las Personas Físicas para el año 2013". Con Antía García Fernández. Crónica Tributaria, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid, núm. 8, 2013.
- “Os xuristas das Irmandades da fala”, en AA. VV., Xuristas das Irmandades da Fala, Irmandade Xurídica Galega e Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Vigo, 2016, páxs. 13-58
- Pacho Blanco, Xosé Manuel (2016). "Las relaciones entre lengua y derecho: los juristas de las irmandades da fala". Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña 20: 350–374. ISSN 2530-6324. doi:10.17979/afdudc.2016.20.0.1928.
- Lenguas y Constitución. Interpretación y análisis iusfilosófico del artículo 3 de la Constitución Española, Aranzadi, Pamplona, 2018.
- Tradución da Resolución do Tribunal Superior do Land de Schleswig-Holstein de data 5 de abril de 2018. Con Marta García Mosquera. Universidade de Vigo.
- Pacho Blanco, Xosé Manuel (2018-06-20). "Els drets de les dones. Les generacions de drets i els antecedents històrics de la lluita per la igualtat". Revista Catalana de Dret Públic 0 (56): 137–158. ISSN 1885-8252. doi:10.2436/rcdp.i56.2018.2980.
- "Análise dos dereitos das mulleres como unha construcción allea á tradición dos dereitos e a igualdade". Dereito 27 (1): 27–61. 2018. (require subscrición (?)).
- "Algunas consideraciones iusfilosóficas sobre la interpretación constitucional y su signficación en el desarrollo del derecho". Revista de la Escuela Jacobea de Posgrado (15): 1–24. 2018.
- "Autonomía de la voluntad y derechos de los menores: Transexualidad e interés superior del menor". Derecho, desarrollo y nuevas tecnologías. Cizur Menor (Navarra): Thomson Reuters-Aranzadi. 2019. pp. 151–186. ISBN 978-84-1308-720-7. OCLC 1148211826.
- Reflexiones sobre la Justicia Constitucional y la Construcción de una nueva razón jurídica”, en USCANGA BARRADAS, A. – REYES DÍAZ, C. H. (Coord.), Estudios contemporáneos de teoría y dogmática jurídica en Iberoamérica, UNAM, México 2020, páxs. 247-276.
- “La Justicia Transicional y el modelo argentino. Anotaciones para un prólogo, en SLAVIN, P. (ed.), Justicia transicional en La Argentina, Universidad Nacional de Mar del Plata, páxs. 8-37.
- Pacho Blanco, Xosé Manuel (2009). "25 segundos". Grial: revista galega de cultura (182): 97–99. ISSN 0017-4181.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Torrente Ballester no 2007, por A choiva do mundo.
- Premio do xurado e da audiencia no Vº Premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural da Radio Galega no 2010, por Paraísos.
- Premio Rafael Dieste no 2013, con Zé Paredes, por Teatro, ou xeitos de cargar unha arma.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pacho Blanco, Xosé M.". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-12.
- ↑ "Gañadores do Premio de teatro "Rafael Dieste"". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 09 de novembro de 2013.
- ↑ "A choiva do mundo". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-12.
- ↑ "O que non ten prezo". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-12.