Xosé Manuel Pose Mesura
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 Malpica de Bergantiños, España |
Morte | 4 de novembro de 2012 (61/62 anos) A Coruña, España |
Delegado do Goberno en Galicia | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Romero Masiá |
Irmáns | Modesto Pose Mesura |
Xosé Manuel Pose Mesura, nado en Barizo (Malpica de Bergantiños) en 1950 e finado na Coruña o 4 de novembro de 2012,[1] foi un político galego do PSdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía clásica, profesionalmente dedicouse ao ensino do latín no ensino secundario. Politicamente é militante do PSdeG-PSOE, e resultou escollido concelleiro en Ferrol. Representante do partido xudicial de Ferrol na Deputación da Coruña, foi designado director do INEM na provincia da Coruña. Posteriormente foi designado subdelegado do goberno na provincia da Coruña, e en outubro de 2011, a un mes das eleccións xerais de 2011, delegado do goberno en Galicia, en substitución de Miguel Cortizo, candidato electoral polo PSOE.
Predecesor: Miguel Cortizo |
Delegado do goberno en Galicia 2011 - 2012 |
Sucesor: Samuel Juárez |
Obras
[editar | editar a fonte]- Catalogación arqueolóxica da ría de Ferrol, 1986 (con Ana Romero Masiá).
- Galicia nos textos clásicos, 1988 (con Ana Romero Masiá).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán do tamén político socialista Modesto Pose. Casou con Ana Romero Masiá.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece el exdelegado del Gobierno José Manuel Pose Mesura". laopinioncoruna.es (en castelán). 5-11-2012. Consultado o 1-12-2019.