Xosé Manuel Souto González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1956 ![]() Vigo, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo ![]() |
Empregador | Universidade de Valencia ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Xosé Manuel Souto González, nado o 26 de decembro de 1956 en Vigo, é un xeógrafo e historiador galego, especialista en territorio e urbanismo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o Bacharelato en Vigo. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente especializouse en Historia, Sección de Historia e Cultura de Galicia na mesma Universidade (1981). Foi catedrático de Xeografía e Historia no Ensino Medio dende 1984. A súa tese de doutoramento titúlase Desartellamento social e caos urbanístico. Vigo, 1960-1980, publicada en 1990. É profesor titular da Universidade de Valencia, membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses.
Publicou artigos en Encrucillada, Solaina, Cuadernos de Estudios Gallegos, Revista Galega de Estudios Agrarios, Revista Galega de Educación, Grial…
Obras
[editar | editar a fonte]Entre a súa extensa bibliografía están:
- El hombre y sus actividades en el Valle Miñor, memoria de licenciatura, 1978.
- Xeografía humana, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1988.
- Coñecermos Vigo, 1989
- Geografía de España: Los desequilibrios regionales, Valencia, 1996.[2]
- Vigo. Cen anos de historia urbana (1880-1980), Xerais, 1990.
- O Val Miñor, entre as transformacións rurais e as innovacións urbanas, 1991.
- Somos el mundo, con José Ramón Valero, Valencia, 1993.
- Vigo: proxecto e realidade do medio periurbano, 1994.[3]
- As parroquias, 1995.
- Los cuadernos de los alumnos. Una evaluación del currículo real, colectiva, Sevilla, 1996.[4]
- Vivendas e cidades, 1997
- Didáctica de la geografía. Problemas sociales y conocimiento del medio, Barcelona, 1998.
- Planeamento estratéxico e mercadotecnica territorial, 2001.
E unha ampla serie de títulos de carácter didáctico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1964.
- ↑ Imaxe da portada de: Geografía de España: Los desequilibrios regionales
- ↑ "Imaxe da portada de: Vigo: proxecto e realidade do medio periurbano". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 07 de abril de 2016.
- ↑ Los cuadernos de los alumnos. Una evaluación del currículo real
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 253.
- Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 390. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD) . Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Currículo
- Entrevista en La Voz de Galicia, 12/8/2007.