Xosé Moreiras Santiso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1939 Vilela, España |
Morte | 8 de abril de 1996 (57 anos) Castelló de la Plana, España |
Educación | Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote |
Xosé Antonio Moreiras Santiso, nado en Vilela (Rodeiro) o 12 de marzo de 1939 e finado en Castelló de la Plana o 8 de abril de 1996, foi un frade e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Marcial Moreiras Dieguez de Vilela e de Julia Santiso. Cursou estudos eclesiásticos no Colexio dos xesuítas de Camposancos, o Seminario de Lugo, e fixo Teoloxía na Universidade Pontificia Comillas, con estancias na parroquia católica de Hovestadt (Alemaña), e estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago. Ordenouse sacerdote en 1963 e foi destinado a Galegos (Navia de Suarna) e Lodoso (Monterroso).
Foi elixido concelleiro en Monterroso nas primeiras eleccións democráticas e nomeado primeiro tenente de alcalde e concelleiro de cultura. En 1981 secularizouse e trasladouse a Castelló de la Plana, e tivo dous fillos.
Foi un dos fundadores de Alvarellos Editora e un dos conselleiros da revista Encrucillada. Colaborou en diversos medios de comunicación, e foi correspondente de A Nosa Terra.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Os mil e un refráns galegos da muller, 1973, Alvarellos.
- Cantigueiro da fistora tia Manoela, 1977.
- Os mil e un refráns galegos do home, 1977, Alvarellos.
- Liturxia galega, 1980.
- Crónicas, 1981.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- II Certame literario de relato curto "Pepe Moreiras", Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"