Xosé Porto Matalobos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1927 A Estrada, España |
Morte | 12 de maio de 2009 (81 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Familia | |
Pai | Perfecto Porto Fraiz |
Xosé Porto Matalobos, nado na Estrada o 7 de xuño de 1927 e finado no mesmo concello o 12 de maio de 2009, foi un escritor, xornalista, dinamizador cultural galego, e procurador dos tribunais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Perfecto Porto Fraiz. Naceu nunha casa da rúa Fernando Conde, o seu pai chegou a ser concelleiro durante a Segunda República.
Poeta e narrador. Dedicado vocacionalmente á música galega, en especial á tradicional e popular, foi cronista da Estrada, e dinamizador de múltiples iniciativas na súa vila natal. Colaborou en La Noche e foi vogal do Pedrón de Ouro e membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, así como da Real Academia Galega. Exerceu tamén o xornalismo en radio e televisión. Foi un dos fundadores de Radio Estrada a finais da década de 1950, e foi correspondente da Cadena SER na zona baixo os pseudónimos de Pedro da Laxe e Pepe da Rocha. Finou na Estada o 13 de maio de 2009.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Sabrexo con Socorro Taboada Ruza en 1956,[2] e foi pai de José Andrés Porto Taboada.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Estrada despide hoxe a Xosé Porto Matalobos, galeguista, académico e cronista radiofónico", artigo en La Voz de Galicia, 14 de maio de 2009.
- ↑ La Noche, 4-6-1956, p. 5.
- ↑ La Noche, 22-4-1957, p. 4.