Xosé Rodríguez Carballo
Xosé Rodríguez Carballo, nado en Lodoselo (Sarreaus) o 11 de agosto de 1953[1], é un frade católico, pertencente á orde franciscana e bispo. O 18 de maio de 2013 foi ordenado bispo na Catedral de Santiago de Compostela polo Secretario de Estado do Vaticano, Tarsicio Bertone, e nomeado arcebispo titular de Belcastro[2]. A comezos de 2023 foi escollido arcebispo de Mérida - Badallouce.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de estudar nos seminarios de Zamora e de Santiago de Compostela, licenciouse en teoloxía bíblica en Xerusalén e en Santas Escrituras en Roma. Ordenouse como franciscano en 1971 e profesou solemnemente a orde en 1976. Ao ano seguinte foi ordenado crego polo papa Paulo VI en Roma.[3] Participou na tradución da Biblia ao galego traballando no Libro das Crónicas [4]. En 2003 foi elixido ministro xeral da orde (o seu cargo máis elevado), co que se converteu no 119º frade en facelo (dentro da orde dos frades menores, non na conventual).
Continuou no cargo ata que en 2013 o papa Francisco o nomeou arcebispo de Belcastro, unha pequena aldea da Calabria, cargo simbólico que acompaña a dignidade arcebispal. Ao mesmo tempo o papa designouno secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, que vén sendo o equivalente a un ministro do goberno vaticano coa responsabilidade sobre a organización interna das ordes relixiosas e dos grupos de leigos[5].
A comezos de 2023, o papa Francisco designouno arcebispo de Mérida - Badaxoz, en substitución de Celso Morga. Tomou posesión do seu cargo o 25 de novembro de 2023[6].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Xosé Rodríguez Carballo.
-
Placa en Lodoselo (Sarreaus)
-
Placa en Lodoselo (Sarreaus)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fray José Rodríguez Carballo: "El fraile debe manifestarse como tal también cuando está sin el hábito" Arquivado 16 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 12 de abril de 2008.
- ↑ "O galego xa é língua do Vaticano", artigo en Galicia Confidencial, 18 de maio de 2013.
- ↑ Goberno da Orde Franciscana en 2009 Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine., (en inglés).
- ↑ "El Papa elige en su primer nombramiento a un fraile español", artigo en Europa Press, 6 de abril de 2013 (en castelán).
- ↑ Il Papa: «La fede non si negozia, va testimoniata con coraggio» Arquivado 08 de abril de 2013 en Wayback Machine.. Vatican Insider, La Stampa, 6/04/2013.
- ↑ "El ourensano José Rodríguez Carballo toma posesión como arzobispo coadjutor de Mérida-Badajoz". La Región (en castelán). 2023-11-25. Consultado o 2023-11-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Rodríguez Carballo |