Saltar ao contido

Xosé Vizoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Vizoso
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata


Xosé Vizoso, nado en Mondoñedo en 1950, é un artista gráfico galego. En 1968 gañou o Premio Nacional de Escultura. Entre os seus labores destacan a restauración da catedral de Mondoñedo, entre 1966 e 1968, a conceptualización de pezas da cerámica galega Sargadelos, ou a realización do cartel do Centenario do Celta de Vigo.[1]

En 2021 rodouse un documental producido por Aser Álvarez González para Arraianos Producións sobre o papel de Vizoso en Sargadelos. Actualmente reside no concello coruñés de Brión.[2]

Primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Vizoso comezou a se interesar na pintura e na escultura desde cativo.[3]

Desde cativo deixeme encantar polos tipos máxicos e algo chalados que da a miña terra, aos que me gustaba retratar en debuxos coma, salvando ás distancias, Cunqueiro fixera coa súa literatura.

Estudou bacharelato artístico, e grazas ao escultor valenciano Juan Puchades, outrora o seu profesor de debuxo, comeza a se aadicar ás artes. Desde aquela comeza a alternar a súa formación con traballos eventuais, coma a labor no obradoiro dos Lichos en San Lázaro ou a restauración da catedral de Mondoñedo entre 1966 e 1968. Xa no mesmo 1966 participara na ilustración dalgún libro.

A etapa na cerámica de Sargadelos[editar | editar a fonte]

Lois Antón depositando flores no monumento promovido polo Colectivo Arraianos no Furriolo. Obra de Xosé Vizoso. Ano 2009.

Vizoso foi, xunto con Xosé Díaz, un dos principais deseñadores de Sargadelos. Os primeiros contactos foron en 1968, cando Vizoso deu cun anuncio dunha oferta de traballo publicado no xornal lugués El Progreso. Desde entón comezou a traballar para a empresa cerámica, sendo mesmo a man dereita de Isaac Díaz Pardo, propietario da compañía.

A súa obra na empresa foi moi prolífica, con centos de carteis, cerámicas e ilustracións, caracterizadas por un estilo ligado ao rural galego, a súa cultura e as súas tradicións.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Celta da comezo ao seu centenario". 17 de novembro de 2022. Consultado o 15 de xaneiro de 2023. 
  2. "Xosé Vizoso, un gran artista sen narcisismo.". Mundiario. Consultado o 27 de xuño de 2024. 
  3. Vizoso, Xosé (1990). Cadernos de literatura infantil e xuvenil. Torre de Papel. p. 41-43. ISSN 0214-4123. 
  4. "Vizoso, Xosé". DIDAC. Consultado o 27 de xuño de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]