Xulia Vaquero
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1970 ![]() Chamonix, Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | atleta ![]() |
Deporte | atletismo ![]() |
Participou en | |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 ![]() |
![]() ![]() ![]() |

Xulia Vaquero Sousa, nada en Chamonix (Francia) o 18 de setembro de 1970, é unha ex atleta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de pais emigrantes, aos dous meses foi vivir a casa da súa avoa na Gándara (Salcidos, A Guarda). Comezou a practicar atletismo na escola, e comezou a gañar competicións de cross. Gañou oito campionatos de España consecutivos.

Non acadou a marca mínima para participar nos Xogos Olímpicos de 1992, pero si foi aos de Atlanta 1996, onde quedou 9ª na proba dos 10 000 metros.
Abandonou o atletismo profesional no ano 2000 logo de comezar tratamento psiquiátrico[2].
En 1997 foille concedida a Medalla de Prata de Galicia.
O seu adestrador foi Alfonso Ortega Casasnovas.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 2018 recibiu a "Mención especial" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da VI Gala do Deporte Feminino Galego.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ "Julia Vaquero, de la gloria a vivir de una pequeña pensión de 369 euros", Tele Mariñas, 24 de setembro de 2017 (en castelán).
- ↑ "VI Gala do Deporte Feminino en Galicia – MUDEGA". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-02-20.