Xulia Vicente Jiménez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1993 (31 anos) Cariño, España |
Educación | Facultade de Belas Artes de Valencia |
Actividade | |
Ocupación | artista de banda deseñada, ilustradora |
Sitio web | takitakos.tumblr.com |
Xulia Vicente Jiménez, nada en Cariño o 6 de setembro de 1993, é unha autora de banda deseñada e ilustradora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na Universidade Politécnica de Valencia, onde axiña fixo tándem artístico con Núria Tamarit e coa que participou no fanzine Sacoponcho. Tamén ilustraron os libros da serie Anna Dédalus, escritos por Miguel Ángel Giner Bou.[2] En 2016 publicaron en Ediciones La Cúpula a súa primeira novela gráfica, Duerme Pueblo.[1] Está baseada nos xogos de mesa e de misterio e tamén foi o seu traballo final de carreira.
No mesmo ano Xulia publicou Ari, cazador de dragones, con guión de Manuel Gutiérrez.[3]
En 2020 publicou Elisa e Marcela.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Jiménez, Jesús (27 de maio de 2016). "'Duerme pueblo', un cómic que recupera la magia de los cuentos". RTVE. Consultado o 9 de abril de 2017.
- ↑ Zahiinos, Álex. "Una detective adolescente entre la viñeta y la literatura". Consultado o 9 de abril de 2017.
- ↑ "Viñetas y bocadillos - 'Ari, cazador de dragrones'". Consultado o 9 de abril de 2017.
- ↑ "Marcela e Elisa, a primeira parella gay de España, xa teñen a súa banda deseñada en galego". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-06-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xulia Vicente Jiménez |