Saltar ao contido

Xulio Alonso Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXulio Alonso Sánchez
Biografía
Nacemento27 de maio de 1859 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1916 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Cangas, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: alonso-xulio-m-1916

Xulio Antonio Alonso Sánchez,[1] nado en Lugo o 27 de maio de 1859 e finado en Cangas o 20 de xaneiro de 1916[2], foi un avogado, notario e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José María Alonso Álvarez e María Sánchez Cobas. Realizou os estudos en Lugo ata alcanzar o grao de Bacharel. Ingresou na Universidade de Santiago de Compostela en setembro de 1879, matriculándose na Facultade de Dereito con vinte anos. Rematada a carreira, ingresou no corpo de notarios e foi destinado a Cangas do Morrazo. Colaborou nas periódicos lucenses A Monteira e O Labrego con artigos sobre ás cuestións agrarias. En A Monteira tamén apareceu un artigo sobre o músico Xan Diz. En 1908 participou na enquisa realizada por Faro de Vigo sobre a redención dos foros, e en marzo de 1914 circulou pola prensa radical-lerrouxista a súa Memoria sobre foros y subforos y medios de proceder equitativamente a su desaparición, que apareceu en La Libertad de Pontevedra e El Radical de Madrid. Doou á Deputación de Lugo dous violíns de extraordinario valor.

Como narrador en galego, é autor de dous relatos costumistas publicados en A Monteira: "O chufón" (1889) e "Unha voda" (1890).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]