Xunta (construción)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xunta (homónimos).
Chámase xunta ao pequeno espazo que queda entre as dúas superficies dos perpiaños ou ladrillos inmediatos uns a outros dunha construción, que se rechea de morteiro ou de cemento coa finalidade de unilos e ligalos solidamente.
Distínguense os seguintes tipos de xuntas.
- Xunta apertada. É aquela en que se quita o morteiro para que a unión se efectúe polo propio peso da pedra.
- Xunta ascendente, montante ou vertical. É a que se dirixe verticalmente desde abaixo cara a arriba, ou viceversa.
- Xunta cadrada. A formada por dous materiais cuxas superficies están talladas en ángulo recto.
- Xunta cuberta. A disimulada por unha moldura que sobresae.
- Xunta de cabeza. Xunta colocada perpendicularmente ao raio dunha bóveda e ao lado da superficie anterior.
- Xunta de doela. A colocada seguindo o raio dunha bóveda.
- Xunta delgada. A formada de dúas pedras cuxas superficies están talladas seguindo un ángulo superior ao recto.
- Xunta de revestimento. A que dá o saínte dos chanzos atrasados uns doutros.
- Xunta en ángulo. A formada por xuxtaposición dun anaco tallado segundo un ángulo, e non en escuadra.
- Xunta en corte. A inclinada segundo a dirección dun raio.
- Xunta grosa. A formada por dúas pedras cuxas superficies están talladas segundo un ángulo inferior ao recto.
- Xunta inglesa. A formada por dúas superficies que se encontran segundo un ángulo de 45º. Dita xunta non se usa senón para as incrustacións de mármore ou de pedras diversamente coloreadas.
- Xunta oculta. A que está disimulada. Nos traballos de marmoraría, utilízanse as xuntas ocultas para acordar as placas de mármore cortadas segundo o contorno das vetas de forma irregular.