Xunta Xeral das Sete Meirindades de Castela a Vella
Aparencia
A Xunta Xeral das Sete Meirindades de Castela a Vella era o órgano de goberno do agrupamento dos sete meiriñados de Castela a Vella e territorios dependentes nun Concello Maior ou Concello Xeral, para harmonizar a súa política en prol do interese común.
A primeira Xunta Xeral celebrouse o 8 de xaneiro de 1551, e a primeira acta que se conserva data do 5 de xaneiro de 1556.
A súa orixe está nas asembleas medievais xurdidas ao abeiro da costume e práctica, e que posteriormente se converteron en norma escrita.
"Aquellas reuniones generales que tenían su precedente en la representación genuina de los concejos abiertos, propia de la Administración local alto y pleno medieval, llevará el nombre de Ayuntamiento o Junta General. El "status" jurídico-administrativo de estas circunscripciones es en su origen rudimetario y sencillo, de lo que dan prueba segura los escasos docuemntos fehacientes.[1]
Nas Xuntas Xerais estaban representadas as seguintes entidades:
- Castela a Vella
- Meirindade de Cuesta Urria
- Meirindade de Losa
- Meirindade de Montija
- Meirindade de Sotoscueva
- Meirindade de Valdivielso
E os estamentos:
- Estado nobre, ou hijosdalgos
- Estado xeral, ou pecheros
As xuntas celebráronse até 1835, ano en que se produce a reorganización dos Concellos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sánchez Domingo, Rafael (1994): Las Meirindadees de Castilla Vieja y su Junta General. La Olmeda, Burgos. ISBN 84-7009-411-4