Xurxo de Dinamarca
Xurxo de Dinamarca, nado en Copenhague, Dinamarca o 2 de abril de 1653 e finado no Palacio de Kensington o 28 de outubro de 1708, foi príncipe consorte de Gran Bretaña polo seu matrimonio con Ana de Inglaterra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes e familia
[editar | editar a fonte]Foi o sexto dos oito fillos do rei Frederico III de Dinamarca e de Sofía Amelia de Brunswick-Lüneburg.
Matrimonio con Ana de Gran Bretaña
[editar | editar a fonte]Contraeu matrimonio coa princesa Ana de Inglaterra, futura raíña de Gran Bretaña o 28 de xullo de 1683, no Palacio de St. James. Obtivo a cidadanía inglesa e foi condecorado coa Orde da Xarreteira o 1 de xaneiro de 1684. O 6 de abril de 1689 foi investido cos títulos de duque de Cumberland, conde de Kendal e barón de Wokingham. Do matrimonio naceron dezanove fillos, ningún dos cales chegou á idade adulta.
Xurxo foi un administrador capaz e estratego militar, e como lord, un grande almirante (1702-1708), dirixiu oficialmente a Mariña Real axudando ás actividades militares do favorito de Ana, o capitán xeneral John Churchill, I duque de Marlborough.
Falecemento
[editar | editar a fonte]Morreu ós 55 anos de idade, sendo sepulto na Abadía de Westminster. A raíña Ana quedou devastada coa súa morte, e aínda que ela rexeitou inicialmente pór a Mariña de Guerra en mans dunha Comisión, finalmente decidiu asinar os papeis no estudo de Xurxo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beatty, Michael A. (2003). The English Royal Family of America, from Jamestown to the American Revolution. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland. ISBN 0-7864-1558-4.
- Churchill, Winston S. (1947) [1933–34]. Marlborough: His Life and Times. Londres: George G. Harrop & Co.
- Curtis, Gila; introduced by Antonia Fraser (1972). The Life and Times of Queen Anne. Londres: Weidenfeld & Nicolson. ISBN 0-297-99571-5.
- Fisher, George (1832). A Genealogical Companion and Key to the History of England. Parte III. Libro I. Londres: Simpkin & Marshall.
- Gibbs, Vicary; Doubleday, H. A. (1913). Complete Peerage. Volume III. Londres: St Catherine's Press.
- Green, David (1970). Queen Anne. Londres: Collins. ISBN 0-00-211693-6.
- Gregg, Edward (2001). Queen Anne. New Haven e Londres: Yale University Press. ISBN 0-300-09024-2.
- Luttrell, Narcissus (1857). A Brief Historical Relation of State Affairs from September 1678 to April 1714. Oxford: University Press.
- Matikkala, Antti (2008). The Orders of Knighthood and the Formation of the British Honours System 1660–1760. Rochester, Nova York: Boydell Press. ISBN 978-1-84383-423-6.
- Paget, Gerald (1977). The Lineage & Ancestry of HRH Prince Charles, Prince of Wales. Londres & Edinburgo: Charles Skilton. OCLC 632784640.
- Pinches, John Harvey; Pinches, Rosemary (1974). The Royal Heraldry of England. Heraldry Today. Slough, Buckinghamshire: Hollen Street Press. ISBN 0-900455-25-X.
- Somerset, Anne (2012). Queen Anne: The Politics of Passion. Londres: HarperCollins. ISBN 978-0-00-720376-5.
- Weir, Alison (1995). Britain's Royal Families: The Complete Genealogy, Revised Edition. Londres: Random House. ISBN 0-7126-7448-9.
- Wójcik, Zbigniew (1983). Jan Sobieski, 1629–1696. Warsaw: Państwowy Instytut Wydawniczy. ISBN 83-06-00888-X. (en polaco)