Xusta e Rufina
Biografía | |
---|---|
Grupo | dúo de irmáns |
Justa (pt) (Sevilla, 268 - Sevilla, 287). Santa (17 de xullo) Rufina (pt) (Sevilla, 270 - Sevilla, 287). Santa (17 de xullo) | |
Nacemento | 268, 270 Hispalis |
Morte | 287 Hispalis |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | Olaría |
Período de actividade | (Con vida en: século III ) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 19 de xullo |
Xusta e Rufina foron dúas irmás, nadas en Hispalis os anos 268 e 270 e finadas no 287, son unhas santas da Igrexa católica e da Igrexa ortodoxa. A súa festividade celébrase o 17 de xullo (en Sevilla) e o 19 de xullo (noutros lugares de España).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xusta e Rufina foron irmás carnais, nacidas en Hispalis baixo o dominio romano; Xusta en 268 e Rufina en 270, de modesta familia de cristiáns clandestinos dedicados ao oficio da olaría. Nestes tempos, as irmás dedicaban o seu tempo a axudar ao próximo e ao coñecemento do Evanxeo.[1]
Era costume celebrar unha vez ao ano unha festa na honra da deusa Venus, na que se rememoraba o falecemento do admirado Adonis. Percorríanse as rúas da cidade pedindo esmolas para a festa. En certa ocasión, os seguidores de Venus chegaron a casa de Xusta e Rufina solicitando o diñeiro correspondente, pero elas negáronse a pagalo por ser o fin deste contrario á súa fe. Ademais, decidiron facer cachizas a figura da deusa entre ambas, provocando desta maneira o enfado xeral das devotas que se lanzaron cara a elas.[2]
O prefecto de Sevilla, Dioxeniano, mandou encarceralaspara que renunciasen á súa fe. Negáronse, a pesar das ameazas, e sufriron o tormento do poldro para a continuación ser torturadas con garfios de ferro. Dioxeniano esperaba que o trato que se lle daba sería suficiente, pero elas aguantaron todo. Vendo que non produciu efecto o castigo, encerrounas nun tenebroso cárcere onde sufrirían as penalidades da fame e a sede.
Estoicamente sobreviviron á súa condena, polo que foron castigadas de novo. Esta vez debían camiñar descalzas até chegar a Sierra Morena. Tiveron a suficiente forza para conseguir o obxectivo. Vendo que nada as vencía, mandou encarceralas até morrer. A primeira en falecer foi Santa Xusta. O seu corpo tirárono a un pozo, recuperado pouco tempo despois polo bispo Sabino.
Unha vez que acabou coa vida de Xusta, Dioxeniano creu que Rufina sucumbiría aos seus desexos con máis facilidade, pero non o conseguiu. Decidiu acabar coa súa vida da forma máis lúgubre naqueles tempos. Levouna ao anfiteatro e deixouna a expensas dun león para que a esnaquizase. A besta achegouse, e o máis que fixo foi mover a cola e lamber as súas vestiduras como faría un animal de compañía. O Prefecto non aguantou máis, mandouna degolar e queimar o seu corpo. Novamente tras este feito, o bispo Sabino recolleu os restos e enterrouna xunto á súa irmá no ano 287.
Por este martirio, ambas foron obxecto da devoción popular, e consideróuselles santas. Nomeóuselles patroas dos gremios de oleiros. Tamén destaca o seu culto en Sevilla e Manises.
Veneración en Moraña
[editar | editar a fonte]En Galicia santa Xusta é patroa dunha parroquia, Santa Xusta de Moraña, onde se celebra unha romaría. A santa é avogosa dos endemoñados.[3]
No santuario de Santa Xusta de Moraña acoden os que se cren vítimas do mal de ollo para botar fóra o meigallo. Bouza Brey[4] atribúe a iso a representación da Santa como muiñeira, cunha vasoira na man, coa que limpa o feitizo ou símbolo das mesmas bruxas causantes do mal. Este atributo queda reflictido así no cantigueiro popular:
- Cantigueiro
- Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [4].
- Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Henrique Florez. (ed.). "España Sagrada. Tomo IX. De la provincia antigua de la Betica. Segunda edición (1777). Capitulo XI. Pagina 309 y siguientes.". Consultado o 20 de febrero de 2009.
- ↑ Grao Gracia, Roberto. El siglo de los Laicos. Sevilla: Punto Rojo. ISBN 978-84-18221-55-2.
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-02.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Fermín Bouza Brey, 184.
Enlaces externos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xusta e Rufina |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Santa Rufina, porZurbarán
-
Santas Xusta e Rufina, por Hernando de Esturmio
-
Santas Xusta e Rufina, por Bartolomé Esteban Murillo
-
Santa Rufina, por Murillo
-
Santa Xusta, por Murillo
-
Igrexa de Santa Ana (Sevilla)
-
Cerámica de Hernando de Valladares, ano 1600. Museo de Belas Artes de Sevilla
-
Catedral de Sevilla, ano 1685