Saltar ao contido

Xuventude Crea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O programa Xuventude Crea é un certame multidisciplinar organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia desde 2009 e dirixido a persoas galegas de entre 16 e 30 anos de idade que se desenvolvan artisticamente nas seguintes dezaseis especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de contido, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, DJ, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.[1]

Segundo a Dirección Xeral de Xuventude, "o programa Xuventude Crea é un programa moi consolidado e reputado no eido cultural e artístico galego no que xa participaron preto de 4 736 mozos e mozas, con 3 513 obras e proxectos creativos e no que se repartiron 582 premios por importe total de 873 500 euros e 81 mencións de honra"[2].

A dotación económica dos premios por cada unha das especialidades é 2 000 euros para o 1.º premio, 1 500 euros para o 2.º premio, 1 000 euros para o 3.º premio e, na especialidade de música, un premio especial de 1 000 euros para a modalidade de música clásica.

  1. "Xuventude. Xunta de Galicia". Xuventude. 
  2. "Xuventude Crea". Xuventude de Galicia.