Saltar ao contido

Liga de baloncesto de Iugoslavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «YUBA Liga»)
Modelo:Competición deportivaLiga de baloncesto de Iugoslavia
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorBasketball Federation of Yugoslavia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísIugoslavia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1945 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata

A Liga de baloncesto de Iugoslavia (en serbocroata Jugoslavija Liga) foi a máxima competición de baloncesto que se disputou en Iugoslavia entre 1945 e 1992. A partir deste último ano, coa desintegración iugoslava, a competición mantívose, mais unicamente con representantes de Serbia e Montenegro, creándose a Liga serbo-montenegrina.

Cun total de dezaseis títulos europeos e once subcampionatos, a Liga Iugoslava, foi unha das competicións máis potentes do baloncesto continental. Aínda que actualmente cada exrepública iugoslava conta coa súa propia competición, no ano 2001 creouse a ABA Liga ou Liga do Adriático, tratando de reunificar o baloncesto dos Balcáns, podéndose considerar a esta competición a herdeira do que foi a YUBA Liga.[1]

Após a fin da segunda guerra mundial en 1945 xorde en Iugoslavia a necesidade do desenvolvemento de competicións deportivas. De facto, exceptuando as grandes cidades como Belgrado, Liubliana, Zagreb e Saraxevo, a xente carecía de oportunidades para gozar do deporte. En resposta a isto, os anos 1945 e 1946 viron a creación de múltiples ligas e competicións de diferentes deportes, entre elas unha liga de baloncesto. A competición, que comezaría en 1945, foi deseñada paralelamente á Liga de fútbol, sendo un dos obxectivos da mesma a afirmación da unidade do país. De feito, na primeira temporada, en lugar da habitual competión entre clubs, escolleuse un equipo de cada unha das seis república iugoslavas, ademais dun representante de Voivodina e outro do Exército Popular.

Sería na década de 1970 cando xorde unha verdadeira cultura de baloncesto en Iugoslavia, gozando de recoñecemento como unha das mellores nacións deste deporte. Rompendo co dominio da Unión Soviética, a liga iugoslava deu orixe a estrelas que irían gañar varios Mundiais e Campionatos de Europa. Porén, despois dunha década de dominio, os anos 1980 viron unha pequena caída de talento na liga. Con todo, a finais dos anos 1980 e comezos dos 1990 o mundo é testemuña do rexurdimento do bloncesto iugoslavo, gñanado a selección dous Campionatos de Europa consecutivos e o Mundial.

Este impulso foi detido polas loitas étnicas que estalaron en 1991. Os clubs de Eslovenia e Croacia abandonan a liga na temporada 1991−92, o que supuxo a fina da competición. Posteriormente, a nación divídese a nación en cinco repúblicas sucesoras, cada unha das cales fundadora da súa propia liga de baloncesto coa excepción de Serbia e Montenegro, que conservou o nome de YUBA Liga. Así naceron a A-1 Liga (liga croata), a Premijer liga (liga bosníaca), a 1. A SKL (liga (eslovena) e a MPL (liga macedonia). A pesar de todos estes cambios, no ano 2001 preséntase unha nova liga conxunta dos clubs da antiga: a Liga do Adriático, que actualmente convive coas respectivas ligas locais.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Por equipo

[editar | editar a fonte]
Club República Campión Anos Campión Subcampión Anos subcampión
Crvena zvezda Serbia 12 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951, 1952, 1953, 1954, 1955, 1969, 1972 7 1959, 1970, 1973, 1984, 1985, 1987, 1990
Union Olimpija Eslovenia 6 1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970 8 1953, 1956, 1958, 1960, 1965, 1967, 1968, 1969
Split Croacia 6 1971, 1977, 1988, 1989, 1990, 1991 6 1972, 1974, 1975, 1976, 1979, 1980
Zadar Croacia 6 1965, 1967, 1968, 1974, 1975, 1986 3 1946, 1947, 1964
Partizan Belgrado Serbia 4 1976, 1979, 1981, 1987 10 1949, 1950, 1951, 1963, 1966, 1978, 1982, 1988, 1989, 1991
OKK Beograd Serbia 4 1958, 1960, 1963, 1964 1 1962
Cibona Zagreb Croacia 3 1982, 1984, 1985 4 1961, 1971, 1981, 1986
Bosna Sarajevo Bosnia e Herc. 3 1978, 1980, 1983 1 1977
Proleter Zrenjanin Serbia 1 1956 4 1948, 1952, 1955, 1957
Radnički Beograd Serbia 1 1973
Jugoslovenska Armija Iugoslavia 1 1945
Socijalisticka Srbije Serbia 1 1945
Mladost Zagreb Croacia 1 1954
Mladost Zagreb Croacia 1 1954
Šibenik Croacia 1 1983

Por república

[editar | editar a fonte]
República Campionatos Finalista
Serbia 22 23
Croacia 15 15
Eslovenia 6 8
Bosnia e Hercegovina 3 1
Equipo estatal 1 0
Macedonia 0 0
Montenegro 0 0
Temporada Factor cancha a favor Resultado Factor cancha en contra Primeiro na Liga Rexistro
1981-82 Partizan 0–2 Cibona Partizan 18–4
1982-83 Šibenka 1–2 Bosna Šibenka 16–6
1983-84 Cibona 2–1 Crvena Zvezda Cibona 16–6
1984-85 Cibona 2–1 Crvena Zvezda Cibona 19–3
1985-86 Cibona 1–2 Zadar Cibona 21–1
1986-87 Partizan 2–0 Crvena Zvezda Cibona 22–0
1987-88 Jugoplastika Split 2–1 Partizan Jugoplastika Split 21–1
1988-89 Partizan 0–2 Jugoplastika Split Partizan 16–6
1989-90 Jugoplastika Split 3–1 Crvena Zvezda Jugoplastika Split 19–3
1990-91 Pop 84 Split 3–0 Partizan Pop 84 Split 19–3

Competicións europeas

[editar | editar a fonte]

Copa de Europa

[editar | editar a fonte]
Club Campión Subcampión Semifinalista Cuartofinalista
Split 1988-89, 1989-90, 1990-91 1971-72 1977-78
Cibona 1984-85, 1985-86 1982-83
Bosna 1978-79 1979-80, 1980-81, 1983-84
OKK Beograd 1958-59, 1963-64, 1964-65
Olimpija 1961-62, 1966-67 1959-60, 1962-63, 1970-71
Zadar 1967-68, 1974-75 1965-66, 1968-69, 1986-87
Partizan 1987-88 1979-80, 1981-82
Crvena Zvezda 1972-73 1969-70
Radnički Beograd 1973-74

Copa Saporta

[editar | editar a fonte]
Club Campión Subcampión Semifinalista Cuartofinalista
Cibona 1981-82, 1986-87 1980-81, 1983-84, 1988-89 1969-70
Crvena Zvezda 1973-74 1971-72, 1974-75 1990-91
Split 1972-73 1985-86
Radnički Beograd 1976-77 1978-79
Olimpija 1968-69, 1982-83 1967-68
Rabotnički 1975-76
Partizan 1966-67, 1989-90
Zadar 1970-71, 1979-80
Kvarner 1977-78
IMT Beograd 1987-88

Copa Korać

[editar | editar a fonte]
Club Campión Subcampión Semifinalista Cuartofinalista
Partizan 1977-78, 1978-79, 1988-89 1973-74 1974-75
Split 1975-76, 1976-77 1978-79, 1979-80
Cibona 1972 1979-80, 1987-88 1990-91
Šibenka 1981-82, 1982-83
Crvena Zvezda 1983-84 1980–81, 1981-82, 1984-85, 1987-88
Bosna 1977-78 1989-90
OKK Beograd 1972
Zadar 1981-82, 1982-83, 1988-89 1990-91

Xogadores destacados

[editar | editar a fonte]
Xogadores galardoados
  1. Gordo, Fernando (12 de outubro de 2011). "Guía Liga Adriática". SoloBasket.com (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]