Yamal
Yamal ou Iamal é unha serie de satélites de comunicacións rusos.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Yamal son unha serie de satélites de comunicacións desenvolvidos inicialmente por RKK Energia para Gazprom. Son lanzados mediante foguetes Proton, ás veces en conxuntos de dous.[1]
Yamal 101 e 102
[editar | editar a fonte]Os Yamal 101 e 102 foron os primeiros satélites da serie. Foron lanzados o 6 de setembro de 1999 mediante un foguete Proton K/DM-2M. Cada un tiña unha masa de 1360 kg. Levaban a bordo doce transpondedores en banda C.[2][1]
Yamal 201 e 203
[editar | editar a fonte]Os dous seguintes satélites da serie foron os Yamal 201 e 203. O última cancelouse e o Yamal 201 foi lanzado o 24 de novembro de 2003 mediante un Proton K/DM-2M. Tiña unha masa de 1360 kg e levaba nove transpondedores en banda C a bordo. Fallou en 2014.[3][1]
Yamal 202 e 204
[editar | editar a fonte]Yamal 204 foi cancelado e Yamal 202 foi lanzado no mesmo foguete que Yamal 201. Tiña unha masa de 1320 kg e levaba 18 transpondedores en banda C.[4][1]
Yamal 300K
[editar | editar a fonte]Yamal 300K foi construído para substituír os cancelados Yamal 301 e 302. Leva a bordo oito transpondedores en banda C e 18 en banda Ku. Foi lanzado o 2 de novembro de 2012 mediante un Proton M.[5][1]
Yamal 401
[editar | editar a fonte]Yamal 401 foi lanzado o 15 de decembro de 2014 mediante un Proton M. Tiña 2976 kg de masa, 36 transpondedores en banda Ku e 17 en banda C.[6][1]
Yamal 402
[editar | editar a fonte]Yamal 402 foi lanzado o 8 de decembro de 2012 mediante un Proton M, pero un problema do foguete deixouno nunha órbita máis baixa da esperada. Tiña 5250 kg de masa e 46 transpondedores en banda Ku a bordo.[7][1]
Yamal 601
[editar | editar a fonte]Yamal 601, con 5700 kg de masa, foi lanzado o 30 de maio de 2019 mediante un foguete Proton M. Leva a bordo 19 transpondedores en banda Ku, 18 en banda C e 26 en banda Ka.[8][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4][5][6][7] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] | Notas[1][2][3][4][5][6][7] |
---|---|---|---|
Yamal 101 | 6 de setembro de 1999 | Proton K/DM-2M | Éxito |
Yamal 102 | 6 de setembro de 1999 | Proton K/DM-2M | Éxito |
Yamal 201 | 24 de novembro de 2003 | Proton K/DM-2M | Éxito |
Yamal 202 | 24 de novembro de 2003 | Proton K/DM-2M | Éxito |
Yamal 300K | 2 de novembro de 2012 | Proton M | Éxito |
Yamal 402 | 8 de decembro de 2012 | Proton M | Fallo parcial |
Yamal 401 | 15 de decembro de 2014 | Proton M | Éxito |
Yamal 601 | 30 de maio de 2019 | Proton M | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 Mark Wade (2022). "Yamal" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yamal 101, 102" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yamal 201, 203" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yamal 202, 204" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yamal 300K" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yamal 401" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yamal 402" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yamal 601" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022.