Yayo Herrero
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Yayo Herrero López ![]() 1965 Madrid |
País de nacionalidade | Española |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Profesora e investigadora |
Participou en | |
marzo de 2019 | Manifesto por un novo internacionalismo dos pobos en Europa |
18 de decembro de 2014 | Merecemos otro Madrid... ¡Y vamos a conseguirlo! (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Yayo Herrero López, nada en Madrid en 1965, é unha antropóloga, enxeñeira, profesora e activista ecofeminista española. É unha das investigadoras máis influentes no ámbito ecofeminista e ecosocialista a nivel europeo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Yayo Herrero é Licenciada en Antropoloxía Social e Cultural, Enxeñeira Técnica Agrícola, Diplomada en Educación social e DEA en Ciencias da Educación.
Foi coordinadora estatal de Ecoloxistas en Acción e participou en numerosas iniciativas sociais sobre promoción dos Dereitos Humanos e ecoloxía social. Actualmente é profesora da Universidade Nacional de Educación a Distancia e directora xeral da FUHEM.[2] Colabora habitualmente con diversos medios de comunicación como eldiario.es.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]A investigación de Yayo Herrero céntrase na crise ecolóxica actual derivada do modelo de desenvolvemento e produción capitalista. Neste sentido, sostén que o propio capitalismo non pode existir sen que exista crecemento económico, pero que nun mundo físico que ten límites, un crecemento indefinido é imposible.[4] Ademais, sostén que neste modelo económico prímanse traballos superfluos, mentres que os traballos que fan posible o mantemento da vida humana, como a produción agrícola ou o traballo reprodutivo, están completamente precarizados ou directamente excluídos de toda remuneración.[5]
Desta maneira, propón unha transición cara a un modelo económico diferente, que teña en conta a inclusión social de todas as persoas e sexa compatible coa capacidade de rexeneración da natureza.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Las ocho mujeres más influyentes en la protección del medio ambiente en España. La Vanguardia. 25 de maio de 2016.
- ↑ Cambio en la Dirección General de FUHEM. Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. 2012.
- ↑ Eldiario.es. Autores – Yayo Herrero.
- ↑ Herrero, Yayo (2016). Ecologismo: una cuestión de límites. Arquivado 25 de agosto de 2017 en Wayback Machine. Encrucijadas. Revista crítica de Ciencias Sociales.
- ↑ Herrero, Yayo (2014). Producir y trabajar para mantener la vida humana. Viento Sur.
- ↑ Herrero, Yayo. (2013): "Propuestas ecofeministas para transitar a un mundo justo y sostenible" Curso de Verano - Transiciones a la sustentabilidad: alternativas socioecológicas.