Saltar ao contido

Yolanda Besteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYolanda Besteiro
Biografía
NacementoYolanda Besteiro de la Fuente
1966
ResidenciaAlcalá de Henares
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade de Alcalá de Henares
Actividade
OcupaciónPolítica, docente, avogada


Yolanda Besteiro de la Fuente, nada o 1 de febreiro de 1966 é unha avogada española especializada en xénero e feminismo. Dende 2007, preside a Federación de Mujeres Progresistas e tamén é concelleira de Igualdade en Alcalá de Henares. Besteiro ten unha extensa carreira profesional en ONGs e no sindicato UGT.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu labor céntrase na defensa dos dereitos das mulleres e na promoción da igualdade de xénero e a igualdade social. Unha das súas preocupacións é a dobre discriminación que sofren as mulleres inmigrantes, e a violencia de xénero, tema do que fala habitualmente para sensibilizar á sociedade.

No ámbito académico, impartiu clases na Escuela del Espacio de Salud Entre Nosotras LA e. ESEN [2] e en universidades como a Complutense de Madrid, a Carlos III e a Universidade de Salamanca, e é relatora en xornadas sobre violencia, trata, corresponsabilidade e discriminación laboral.[3] Participou en congresos e xornadas relacionadas co xénero e a discriminación laboral, e publicou varios artigos en medios académicos e de comunicación.[4]

Ocupa tamén diversos cargos, sendo vicepresidenta do Observatorio Estatal contra a Violencia de Xénero, do Consello Estatal da Muller, e da Plataforma de ONG de Acción Social, entre outros.

Notas

  1. "Junta directiva | Federación de Mujeres Progresistas" (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  2. "Equipo directivo y profesorado ©" (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2020. 
  3. "Cursos de Verano El Escorial". Consultado o 26 de marzo de 2020. 
  4. "O fin da prostitución, máis perto". A Voz de Galicia. 2021-10-24. Consultado o 2023-09-01. 
  5. López, Sara Laderas. "El Ayuntamiento de Manzanares otorgó los Premios Igualdad 2019 a Mª Carmen Ruiz-Escribano, Micaela Rodríguez y Yolanda Besteiro" (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  6. Ceuta, Radio Televisión. "Yolanda Besteiro recibe el Premio Maria Miaja" (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  7. "Yolanda Besteiro, Premio Emilio Castelar Defensa de las Libertades y El Progreso de los Pueblos". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2023. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]