Saltar ao contido

Yolanda Sobero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYolanda Sobero

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Cangas de Onís, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm4925886 BNE: XX1691209 Editar o valor en Wikidata

Yolanda Sobero Martínez, nada en Corao, Cangas de Onís o 20 de agosto de 1959, é unha xornalista española especialista en política internacional e Presidenta do Consello de Informativos de RTVE de 2010 a 2014. En 2010 publicou o libro Sahara: memoria y olvido. En 2012 recibiu o primeiro Premio Colombine pola súa reportaxe Feminicidio S.A. sobre o feminicidio en Guatemala. Dende 2004 é reporteira do programa de TVE "En Portada".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, é doutora en Ciencias da Información coa tese Conflictos étnicos: el caso de los pueblos indígenas (1998) e un máster en Estudos Amerindios pola Universidade Complutense / Casa de América (2004/2005).[1][2]

Incorporouse a TVE en 1982 e até 1986 estivo destinada no Centro de Produción de TVE nas Canarias. De 1990 a 2004 foi coordinadora da área de Información Internacional dos Telexornais Fin de Semana.

En 2004 incorporouse ó equipo de reportaxes especiais 'En Portada'.[3]