Iolanda Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Yolanda Vázquez Cordeiro 23 de decembro de 1965 (58 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | cantante, presentadora de televisión |
Instrumento | Voz |
Iolanda Vázquez Cordeiro, tamén coñecida como Yolanda Vázquez, nada en Vigo o 23 de decembro de 1965, é unha presentadora de televisión galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Yolanda Vázquez en 2012 |
É licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Porén, iniciou o seu labor profesional no mundo da televisión a mediados dos 80 na Televisión de Galicia como redactora e presentadora. Dende aquela desenvolveu unha dilatada carreira sobre todo na canle pública galega, aínda que tamén fixo a súa aparición en canles estatais como La 1, La 2, Antena 3, Telecinco ou laSexta.
O seu último traballo en televisión foi no espazo sobre a primeira infancia Su primer año da canle de pagamento Decasa. Nos últimos anos tamén realizou diversos proxectos para a TVG coma o divulgativo científico Conexións así como varias galas especiais. En xaneiro do 2010 copresentou canda Xosé Ramón Gayoso o veterano programa Luar. Dende o ano 2013 colabora no programa A tarde da Radio Galega.
É filla de Antonio Vázquez "Tocho", compoñente do extinto grupo Los Tamara. Malia non se considerar cantante, actuou en varios programas da TVG en compañía de seu pai. Ademais, puxo voz a un dos temas de Música, o terceiro disco do pianista Enrique Paisal.
Como presentadora de TV
[editar | editar a fonte]- Imos ver (1986), na TVG.
- Gala de fin de ano (1986), na TVG.
- Gala do II Aniversario da TVG (1987), na TVG.
- Por la mañana (1989), en La 1.
- Coa miña xente (1991-1992), na TVG.
- Inocente, inocente (1992), na TVG.
- O que vai vir (1992-1993), na TVG.
- Imprevisible (1993), na TVG.
- Galicia enteira (1993-1996), na TVG.
- Con música propia (1996), na TVG.
- De todo corazón (1996-1997), na TVG.
- Galicia terra única (1997), na TVG.
- Cada día (1997-1998), na TVG.
- Gente (1998-2000), en La 1.
- Corazón de... (1999), en La 1.
- Empléate a fondo (2000), en La 2.
- Aquí hay trabajo (2000-2001), en La 2.
- Historias de hoy (2001), en Telecinco.
- Distancia (2001-2002), na TVG.
- Galicia directo (2002), na TVG.
- Tardes de verán (2002), na TVG.
- A revista fin de semana (2002), na TVG.
- Gala de fin de ano (2002), na TVG.
- El diario de verano (2003-2006), en Antena 3.
- Galas do Camiño (2004), na TVG.
- Gala de fin de ano (2004), na TVG.
- Sempre Pucho (2006), na TVG.
- Juicio de parejas (2006), en laSexta.
- Pequeno gran show (2006), na TVG.
- El diario de Patricia (2006-2007), en Antena 3.
- El diario del viernes (2007), en Antena 3.
- Luar (2010), na TVG.
- Conexións (2010), na TVG.
- Su primer año (2010-2013), en Decasa.
- Gala 70º aniversario da Orquestra Los Satélites (2011), na TVG.
- Verbenalia (2012), na TVG.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- TP de Oro como mellor presentadora e guionista (1991).
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor comunicador de televisión | Conexións | Nomeada |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Iolanda Vázquez na IMDb (en inglés).