Saltar ao contido

Yorokobu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yorokobu
PaísEspaña
Lingualingua castelá
FundadorMar Abad
Na rede
http://www.yorokobu.es
editar datos en Wikidata ]

Yorokobu é unha revista en liña escrita en lingua castelá que naceu como blog e trata sobre tendencias, creatividade, arquitectura, deseño, cine, televisión e música, entre outros. Foi creada por Juanjo Moreno,[1] xornalista da Universidade Complutense de Madrid, e actualmente é o seu director. Segundo os seus creadores, a filosofía da revista reside nas lecturas calmadas dos seus artigos, fuxindo do balbordo cotián e atopando nela un lugar para se relaxar[2]. O nome de revista vén do xaponés, onde Yorokobu significa "felicidade".

En 2018 tiña un convenio de colaboración co xornal dixital ElDiario.

  1. Nova en El Periódico (en castelán).
  2. Información xeral na páxina web da revista (en castelán).