Yu Hua
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de abril de 1960 (64 anos) Hangzhou, República Popular da China |
Educación | Programa Internacional de Escritura |
Actividade | |
Lugar de traballo | Pequín |
Ocupación | novelista, guionista |
Período de actividade | 1983 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Yu Hua (chinés tradicional: 余華; chinés simplificado: 余华; pinyin: Yú Huá), nado o 3 de abril de 1960, é un escritor, doutor e novelista de vangarda chinés.
Entre as súas obras, traducidas a máis de vinte idiomas, destacan Huozhe ("Vivir", 1993), Xu Sanguan mai xue ji ("Crónica dun mercador de sangue", 1995) e Xiongdi ("Irmáns", 2005). As dúas primeiras foron nomeadas entre as dez novelas máis influentes da década dos noventa segundo a crítica e os editores.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Yu Hua naceu en Hangzhou, na provincia de Zhejiang, aínda que a súa familia procede do condado de Gaotang, en Shandong. Ambos os dous pais eran médicos de profesión.[1] Cando o autor contaba cun só ano de idade, a familia trasladouse a Haiyan.[1] Na primaria e mais na secundaria, tivo que estudar as obras de Mao Zedong e de Lu Xun.[2]
Logo de participar na Revolución Cultural, en 1977, suspendeu os exames de acceso á universidade.[3] Posteriormente, ingresou na Escola de Medicina para iniciar os seus estudos.[3] En marzo de 1978, foi asignado como dentista na cidade de Wuyuan.[3]
En 1983, Yu Hua comezou a súa carreira como escritor.[4] Nese mesmo ano, conseguiu un traslado ao Centro Cultural de Haiyan.[5] En 1991, publicou a súa primeira novela longa, Zai xiyu zhong huhan ("Un berro no orballo"). Seguíronlle Huozhe en 1993 e Xu Sanguan mai xue ji en 1995.
En 2004, recibiu a Medalla da Orde das Artes e das Letras de Francia, xunto con Mo Yan e Li Rui.[6] Ao ano seguinte, saíu do prelo a primeira parte de Xiongdi, seguida pola súa continuación ao ano seguinte. En 2011, publicou en Taiwán a seu ensaio Shi ge cihui li de Zhongguo ("A China en dez palabras"). En abril do mesmo ano, foi nomeado director emérito da Federación Chinesa das Letras e as Artes en Hangzhou.[7]
As súas dúas últimas novelas son Di qi tian ("O sétimo día", 2013) e Wencheng (2021).
Obra
[editar | editar a fonte]Temas
[editar | editar a fonte]A obra de Yu Hua está fortemente influenciada pola Revolución Cultural, un período da historia recente da China moi presente na súa escrita.[8] Os seus traballos contan con tramas psicolóxicas que exploran e ilustran os retos da desintegración cultural e a perda de identidade.[9] Moitas das súas historias se sitúan en pequenas vilas durante o liderado de Mao Zedong, en épocas como a propia Revolución Cultural ou a guerra civil, aínda que tamén aparecen etapas da China posmaoísta.
A infancia é outro leitmotiv das súas novelas, sen por iso alixeirar a dureza da narrativa. De feito, o autor é coñecido polas súas brutais descricións da violencia, a crueldade e mais a morte,[8] así como das "dificultades das clases baixas da China", como se pode comprobar en Xu Sanguan mai xue ji.
Malia ter imitado con anterioridade o estilo de Kafka, o escritor afirmou que "a esencia da escrita é liberarse a un mesmo; se os grandes mestres poden facelo, por que non poderiamos nós?".[8] Así mesmo, adoita mesturar o tráxico co cómico.[8]
Estilo
[editar | editar a fonte]O estilo de Yu Hua está influenciado polo realismo máxico e pola ficción chinesa premoderna. Así mesmo, é coñecido por empregar o humor negro na súa escrita.[10] Na súa obra, abundan as referencias musicais, en especial á música clásica, que inspira tamén a estrutura da súa narrativa. Por exemplo, en Xu Sanguan mai xuan ji aplicou técnicas tomadas da ópera Yue. Ademais, adoita usar a repetición de palabras como recurso formal.
Premios
[editar | editar a fonte]- V Premio de Literatura Zhuang Zhongwen (1992).
- Premio Grinzane Cavour (1998).
- Orde das Artes e das Letras de Francia (2004).
- Premio ao Mérito do Libro Chinés (2005).
- Premio Francés de Novela Estranxeira (2008).
- Premio Yasnaya Polyana á Mellor Obra Estranxeira (2022).
Publicacións
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Shi ge cihui li de Zhongguo 十个词汇里的中国 ("A China en dez palabras", 2011).
Novelas
[editar | editar a fonte]- Zai xiyu zhong huhan 在细雨中呼喊 ("Un berro no orballo", 1991).
- Huozhe 活着 ("Vivir", 1993).
- Xu Sanguan mai xue ji 许三观卖血记 ("Crónica dun mercador de sangue", 1995).
- Xiongdi 兄弟 ("Irmáns", 2005).
- Di qi tian 第七天 ("O sétimo día", 2013).
- Wencheng 文城 (2021).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chen, Hongyan (2011). "Yu Hua zuoke Jida: 80 hou yali kongqian; wo dui nimen chongman zunjing 余华做客暨大:80后压力空前 我对你们充满尊敬 [Yu Hua é invitado á Universidade Jinan: a xeración dos 80 sofre unha presión sen precedentes; ten todo o meu respecto]". Xin kuaibao (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 23-11-2015.
- Hangzhou wang (2011). "Yu Hua, Yu Qiuyu, Han Meilin, Cai Zhizhong jiameng Hangzhou Wenlian 余华余秋雨韩美林蔡志忠加盟杭州文联 [Yu Hua, Yu Qiuyu, Han Meilin e Cai Zhizhong únense á Federación Chinesa das Letras e as Artes de Hangzhou]". Hangzhou wang (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 13-04-2011.
- Moen, Martin Olav (1993). Blurring the Lines: Postmodernism and the Use of Tradition in the Works of Yu Hua (en inglés). University of British Columbia. doi:10.14288/1.0086140.
- Shu, Shu (2004). ""Falanxi qishi" guilai Mo Yan, Li Rui changtan Fa tushu shalong “法兰西骑士” 归来 莫言、李锐畅谈法图书沙龙 ["A Orde Francesa" Mo Yan e Li Rui charlan no Salón do Libro de Francia]". Xin Jing bao (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 20/04/2004. Consultado o 10/09/2024.
- Wedell-Wedellsborg, Anne (1996). "One Kind of Chinese Reality: Reading Yu Hua". Chinese Literature: Essays, Articles, Reviews (en inglés): 129–143. doi:10.2307/495628.
- Wu, Hongfei (2006). "Yu Hua: Zhengyi bu shi huaishi 余华:争议不是坏事 [A competencia non é algo malo]". Nanfang renwu zhoukan (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 03-11-2012.
- Yao, Benbiao; Zhang, Qinghua (2011). "On Brothers and Chaotic Aesthetics: An Interview with Yu Hua". Chinese Literature Today (en inglés) 2 (1): 80–85. doi:10.1080/21514399.2011.11833938.
- Yu, Hua (2014). Mei you yi tiao daolu shi chongfu de 没有一条道路是重复的 [Ningún camiño se repite] (en chinés). Zuojia chubanshe. ISBN 978-7-5063-7103-2.
- Yu, Hua (2023). "Wo weihe xiezuo 我为何写作 [Por que escribo]". Xing zhi buluo (en chinés).