Saltar ao contido

Zapateiro, zapateira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O zapateiro. Ilustración de 1880 do libro
Was willst du werden? [Que profesión vas ter?].

O zapateiro ou a zapateira é a persoa que fai ou amaña zapatos.

A protección dos pés máis simple e empregada dende a antigüidade na zona do Mediterráneo foi a sandalia, que consistía na protección do pé cun anaco de coiro amarrado con tiras tamén de coiro. Un calzado similar empregado no Extremo Oriente facíase con de tiras obtidas do ramo da palmeira. Nos lugares onde o clima esixía unha cobertura completa do pé facíase cunha soa peza de coiro atado a través dun cordón.

A produción de zapatos de madeira comeza a estenderse por Europa durante a Idade Media, elaborándose de xeito artesanal. O calzado facíase a partir dunha única peza de madeira cortada de maneira basta en forma de zapato. Dunha variación deste proceso resultou facer a sola de madeira cubrindo a parte superior do pé con coiro. A sola e o talón facíase a partir dun anaco de madeira de pradairo ou de capudre, sempre máis folgado que o pé. A madeira traballábase coa trencha e a gubia e máis outros instrumentos para modelar a sola. Coa subela e outros instrumentos traballábase o coiro. As partes superiores de coiro eran logo montadas ó redor da sola, o que permitía manter os pés secos e confortables.

Der bewegte Schuster de Carl Schleicher.

No século XVII había dous tipos principais de zapatos de coiro. Un calzado fino e flexible que se cosía virada a parte interior cara a fóra, dándolle a volta unha vez rematado; mediante este proceso facíanse chinelas e zapatos semellantes. O segundo tipo de calzado tiña sola de madeira.

O zapateiro tradicional medía o pé para cortar as pezas de coiro segundo o tamaño necesario, varias pezas de coiro ían logo cosidas para facer o zapato. As solas engadíanse ó final do proceso quedando feitos deste xeito os zapatos. O procedemento que permitiu facer un calzado duradeiro foi asegurando o coiro superior á sola mediante chatolas; as plantas martelábanse na forma, cravando as brochas na peza de madeira[1].

Era industrial

[editar | editar a fonte]

A comercialización do calzado incrementouse a mediados do século XVIII, expandíndose como unha industria artesanal. Grandes almacéns comezaron a almacenar o calzado feito polos pequenos zapateiros da zona. Ata o século XIX os zapatas fixéronse de forma artesanal tradicional pero xa a finais deste século o proceso foi case completamente mecanizado, producíndose de xeito industrial nas grandes fábricas.

[editar | editar a fonte]
Ilustración do Zapateiro e os trasnos feita por Walter Crane e publicada no 1886.

Tradicionalmente considérase o luns o día dos zapateiros[2]. O santo patrón dos zapateiros é san Crispín. O conto de fadas O zapateiro e os trasnos recompilado polos irmáns Grimm en Kinder- und Hausmärchen narra a historia dun zapateiro humilde.

Refraneiro

[editar | editar a fonte]
  • Eu ben vin estar o cuco/ enriba dun castiñeiro/ cunha subela na man/ deprendendo a zapateiro.
  • Eu ben vin esta-lo cuco/ na cima dun castiñeiro,/ cunha subela na mau,/ aprendendo a zapateiro.
  1. James Paton (1902). "Shoemaking". Encyclopædia Britannica. 
  2. Xesús Ferro Ruibal (coord.) (1998): Diccionario de Fraseoloxía Galega. Estado actual dos fondos e dos traballos, nas Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía (1997). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela; p.p. 289-311. ISBN 84-45321-67-6

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]