Saltar ao contido

Zeiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sanmartiños expostos á venda nun mercado

Os Zeiformes (Zeiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii), constituída por especies de augas profundas de tódolos océanos.

O nome procede do deus grego Zeus, quizais pola semellanza da aleta dorsal, cos seus longos raios, coa coroa do deus.

Características

[editar | editar a fonte]

Presentan un corpo alto e comprimido, de silueta oval e cunha gran cabeza. A liña lateral é curva no centro dos costados. Normalmente, a mandíbula é moi distensible.

Posúen dúas aletas dorsais, con 5 a 10 espiñas, e dúas aletas anais con ningunha a 4 espiñas; as aletas pelvianas poden ter unha espiñas ou ningunha. A aleta caudal é homocerca, con -normalmente- 11 raios ramificados.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Divídense en sete familias cunhas 33 especies:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]