Zenit (cámara)
Zenit (en ruso: Зени́т) é unha marca rusa (orixinalmente soviética) de cámaras e obxectivos fotográficos. Os corpos destas cámaras foron producidos polas fábicas KMZ dende 1952 ata 2005 en Moscova e por BelOMO dende a década de 1970 en Belarús, os obxectivos normais Helios-44 que maioritariamente as acompañan foron producidos tamén en Moscova, Valdái e Vileyka. A marca Zenit identifícase principalmente coas cámaras SLR de 35 mm, aínda que outros tipos de cámaras non réflex utilizaron este nome.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]A primeira cámara Zenit estaba baseada na cámara telemétrica Zorki (a cal era unha copia da Leica II). Ao transformar a Zorki nunha cámara réflex de único obxectivo eliminouse o telémetro e transfoumouse nunha pantalla de vidro mate e un prisma; engadiuse un espello móbil cun sistema de aparellos, polo cal a montura de rosca de 39 mm tivo que ser desprazado para adiante.
Durante os primeiros anos de produción (ata a Zenit-E, de 1967), o desenvolvemento das cámaras Zenit era semellante ás das Zorki.
Zenit-E e os seus sucesores
[editar | editar a fonte]Dende 1967 ata 1969 KMZ desenvolveu un sistema metalúrxico que permitía a fabricación masiva de cámaras. A produción de cámaras evolucionou ao sistema de montura M42. Ademais, un espello de retorno automático foi incorporado. Isto levou a creación dun dos seus modelos máis coñecidos, a Zenit-E, da cal se produciron preto de 12 millóns de exemplares (incluíndo os subtipos). Os principais eventos do desenvolvemento posterior das Zenit-E foron:
- A introdución dun diafragma automático no modelo Zenit-EM.
- O sistema de medición Through the lens (TTL) na Zenit-TTL.
- Hai dúas variantes da Zenit-12XP, unha máis metálica e sen telémetro de imaxe partida e outra posterior máis plástica e con telémetro de imaxe partida.
- A evolución á montura Pentax K na Zenit-122K.
- A introdución do código DX (reemplazando o control manual de velocidade ISO) na Zenit-412DX.
Modelos
[editar | editar a fonte]Primeiros modelos
[editar | editar a fonte]Con carga inferior da película
[editar | editar a fonte]- Zenit (sen número orixinalmente, pero coñecida agora como Zenit 1)
- Zenit-S
- Zenit-3
Con carga posterior da película
[editar | editar a fonte]- Kristall
- Zenit-3M
Cámaras semi-automáticas
[editar | editar a fonte]- Zenit-4
- Zenit-5
- Zenit-6
Cámaras da serie Zenit-E
[editar | editar a fonte]Modelos con fotómetro de selenio
[editar | editar a fonte]- Zenit-E
- Zenit-EM
- Zenit-ET
- Zenit-10
- Zenit-11
Modelos sen fotómetro de selenio
[editar | editar a fonte]- Zenit-V (tamén coñecida como Zenit-B)
- Zenit-VM (tamén coñecida como Zenit-BM)
Cámaras con medición a través da lente e montura M42
[editar | editar a fonte]- Zenit-TTL
- Zenit-12
- Zenit-12xp, Zenit 12SD
- Zenit-122
- Zenit-122V (tamén coñecida como Zenit-122B)
- Zenit-312m
- Zenit-412DX
- Zenit-412LS
Cámaras coa medición a través da lente e montura Pentax K
[editar | editar a fonte]- Zenit-122K
- Zenit-212K
Cámaras con montura propia
[editar | editar a fonte]- Start
- Zenit-7
- Zenit-D
Cámaras automáticas con montura M42
[editar | editar a fonte]- Zenit-16
- Zenit-19
- Zenit-18
- Zenit-MT-1 Surprise (variante de medio formato da Zenit-19)
Cámaras da serie Zenit Ax con montura Pentax K
[editar | editar a fonte]- Zenit-Avtomat
- Zenit-AM
- Zenit-AM2
- Zenit-APM
- Zenit-APK
- Zenit-KM
- Zenit-KM plus
Modelos fabricados só en Belarús
[editar | editar a fonte]- Zenit-15M
- Zenit-12XS
- Zenit-122 (diferente modelo respecto á Zenit-122 de KMZ)
- Zenit-21XS
- Zenit-12PRO
- Zenit-12XSL
- Zenit-130
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zenit |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial de Krasnogorsky Zavod Arquivado 14 de marzo de 2022 en Wayback Machine. (en ruso)