Zenobia de Armenia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I Mtskheta, Xeorxia (pt) |
Morte | século I Artaxata, Armenia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | raíña consorte |
Familia | |
Familia | Dinastía Pharnavaziana |
Cónxuxe | Radamisto |
Pai | Mitridates da Arménia |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Zenobia de Armenia ou Zenobia a Íbera (xeorxiano: ზენობია) (fl. século I) foi unha princesa real da dinastía Pharnavaziana[1] do reino de Iberia que foi raíña de Armenia do 51 ao 53 e do 54 ao 55 durante o reinado do seu home, o rei Radamisto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zenobia era a filla do rei Mitríades de Armenia e da súa muller, filla do rei Pharsman I de Iberia, irmán de Mitríades. Zenobia casou con Radamisto, que era fillo de Pharsman I.[2]
Mitríades reinou en Armenia ata que Radamisto usurpou o trono tras unha invasión por sorpresa, o seu marido destruíu á toda a familia da súa muller, e el converteuse no rei de Armenia no ano 51 e Zenobia na raíña, os armenios rebeláronse co apoio do príncipe Tiridates I e finalmente logrou derrotar a Radamisto, que segundo relata Tácito tivo que fuxir de a cabalo coa súa dona, que estaba embarazada que resistiu a primeira parte da viaxe, pero logo xa non se vía en condicións de seguir camiño e desaxaba unha morte con honra antes que ser unha cativa, o home resístese pero finalmente dálle morte cunha espada e bótaa no río Araxes pero Zenobia aínda vive e uns pastores cúrana e tras recuperarse condúcena diante Tiridates que a recibe gratamente e a trata como corresponde a unha raíña.
Galería
[editar | editar a fonte]A traxedia de Zenobia foi motivo artístico de moitas pinturas e óperas
-
Radamisto matando a Zenobia, de Luigi Sabatelli
-
Zenobia atopada nas marxes do Araxes, de Paul-Jacques-Aimé Baudry
-
Radamisto e Zenobia de Jean-Joseph Taillasson.
-
Os pastores atopan a Zenobia nas marxes do Araxes, de William-Adolphe Bouguereau
-
A raíña Zenobia atopada nas marxes do Araxes, de Nicolas Poussin
-
Zenobia da ópera de Prosper Jolyot de Crébillon
-
Zenobia da ópera Metastasio
-
A raíña Zenobia recollida do río Araxes polos pastores, de Francesco Nenci.
-
Radamisto in atto di spingere Zenobia ferita nel fiume Arasse, de Francesco Alberi.
-
Zenobia de Émile Lévy.
Notas
[editar | editar a fonte]Fontes
[editar | editar a fonte]- Tácito, Anais, Libro XII-XIII
- Javakhishvili, Ivane (2012), History of the Georgian Nation, Vol. 1
- Toumanoff, Cyril (1969), Chronology of the early Kings of Iberia, Vol. 25