Zhang Ran
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1981 (43 anos) Taiyuan, República Popular da China |
Educación | Rijksakademie van beeldende kunsten (en) (2011–) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Ámsterdam (2006, 2011–2016) |
Ocupación | fotógrafa, pintora, acuarelista, escritora |
Sitio web | ranzh.com |
Zhang Ran (chinés simplificado: 张冉; pinyin: Zhāng Rǎn), nado en Taiyuan, provincia de Shanxi en 1981, é un escritor chinés de ciencia ficción.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zhang Ran lincenciouse en Informática na Universidade Jiaotong de Pequín. Pasado un tempo no sector da tecnoloxía da información, traballou como xornalista e analista de novas económicas no Economic Daily e no China Economic Net, a súa labor como comentarista estes anos foi premiada cun China News Award, galardón que concede a Asociación de Xornalistas Chineses. En 2011 deixa o seu traballo e trasládase ao sur da China para adicarse a tempo completo á literatura. Empezou a publicar ciencia ficción en 2012, debutando co seu relato Yitai (以太, "O éter"), que gañou tanto o premio Yinhe como o Nebula. A súa novela curta Qi feng zhi cheng (起风之城, "A cidade do vento", 2013) foi así mesmo finalista destes mesmos premios.
Zhang Ran rexentou durante varios anos unha cafetaría en Shenzhen. Tamén se lle coñece unha faceta pública de blogueiro de viaxes, onde evita os circuítos por avión; para acudir á Woldcon de Helsinqui de 2017, realizou todo o traxecto en tren, partindo de Shenzhen, ao sur da China, desde onde viaxou cara ao norte, cara a Pequín, para a continuación atravesar Siberia e seguir a viaxe deténdose en Moscova e San Petersburgo.[1]
Traducións dos seus contos están dispoñíbeis na revista Clarkesworld e na antoloxía Watchlist: 32 Stories by Persons of Interest
A súa obra JInyang san chi xue (晋阳三尺雪, "A neve de Jinyang", 2014) é un referente do chuanyue 穿越 (un xénero de ficción de viaxes no tempo cun análogo occidental próximo na obra Un ianqui na corte do rei Arturo de Mark Twain, traducida ao galego por Carlos Acevedo)[2]. Este libro transcorre nun século X alternativo, con base no antigo Estado independente de Han ou Gran Han, da historia real chinesa, a historia comeza no ano 979, con Jinyang baixo asedio do exército da dinastía Song, evento de acordo aos feitos históricos chineses. Mais a partir dese punto a historia real diverxe pivotando sobre o efecto que tivo os avances en Física do Instituto da Cidade Oriental sobre a poboación. Como a súa descuberta temperá de Internet causa de que os escribas shatuos se enganchen aos foros online, comportándose coma troles neles, que a poboación desfrute de elementos pop anacrónicos como as lentes de sol Rayban ou unha enorme Nora no mercado da provincia de Shanxi. O escriba shatuo e trol de Internet, especialista en alquimia, Zhu Dagun será o encargado de derimir sobre os mellores argumentos entre renderse ou loitar contra o asedio do exército Song.
Obra
[editar | editar a fonte]- Yitai (以太, "O éter", 2012). Publicado no ano 2012 en Science Fiction World; publicado en xaneiro 2015 en Clarkesworld Magazine; premio Yinhe 2012.[3]
- Qi feng zhi cheng (起风之城, "A cidade do vento", 2013); finalista no premio Yinhe de 2013
- JInyang san chi xue (晋阳三尺雪, "A neve de Jinyang", 2014); publicado en xaneiro de 2014 en New Science Fiction;
- An Age of Ice; publicado o 10 de xaneiro 2016 en Southern Weekly; publicado en xullo do 2017 en Clarkesworld Magazin
- Master Zhao: The Tale of an Ordinary Time Traveler; publicado en decembro do 2018 en Clarkesworld Magazin
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://clarkesworldmagazine.com/author/zhang-ran/
- ↑ Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 254–. ISBN 978-84-9181-924-0.
- ↑ https://baike.baidu.com/item/%E9%93%B6%E6%B2%B3%E5%A5%96/7167150
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 张然 (A literatura chinesa traducida en España)