Saltar ao contido

Zhuang Zi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Zhuangzi»)
Modelo:BiografíaZhuang Zi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 莊子
(zh-hans) 庄子 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(zh-hant) 莊周 Editar o valor en Wikidata
c. 369 a. C. Editar o valor en Wikidata
Shangqiu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 288 a. C. Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Registos do Historiador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1121768 Last fm: Zhuangzi Musicbrainz: 705170ce-d87e-43fc-98db-fd1328bd28c2 Discogs: 8149061 Allmusic: mn0002267761 Editar o valor en Wikidata

Zhuangzi (chinés tradicional: 莊子; chinés simplificado: 庄子; pinyin: Zhuāngzǐ; Wade-Giles: Chuang1 Tzu3) foi un famoso filósofo da antiga China que viviu no século IV a. C.. O seu nome de nacemento era Zhuang Zhou (莊周, Zhuāng Zhōu). Naceu na cidade de Meng, no reino de Song (hoxe Shāngqiū 商邱, Henan). Considérase un dos pensadores taoístas máis importantes, xunto con Laozi.[1]

Zhuangzi viviu durante a época clásica do pensamento chinés, o período dos Reinos Combatentes, no que floreceron as chamadas Cen Escolas. Foi contemporáneo de figuras como Mencio ou Hui Shi, co que sostivo frutíferas polémicas filosóficas.[2][3] A súa obra tivo unha enorme influencia no desenvolvemento do budismo chan ou zen, varios séculos despois da súa morte.[1] Tamén inspirou a literatos, como o poeta xaponés Matsuo Bashō.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A principal fonte sobre a vida de Zhuangzi é un breve fragmento do capítulo 63 do Shiji 史記 de Sima Qian, e a maior parte da información que contén parece provir de anécdotas narradas no propio Zhuangzi.[5][6] Nesta biografía, o autor é descrito como un oficial de baixo rango da cidade de Meng (na actual Anhui), no reino de Song, que viviu nos tempos do rei Hui de Liang e do rei Xuan de Qi (finais do século IV a.C.).[7] Sima Qian indica que Zhuangzi estivo moi influenciado por Laozi, e que rexeitou unha oferta de traballo do rei Wei de Chu porque valoraba a súa liberdade persoal.[8]

A existencia histórica de Zhuangzi foi posta en dúbida por diversos estudosos, entre os que se inclúe o estadounidense Russell Kirkland, quen afirma que non hai evidencia histórica sólida sobre esta figura, agás a dispoñible a través dun comentador do século III, Guo Xiang.[9]

O Zhuangzi

[editar | editar a fonte]

O libro que leva o seu nome, o Zhuangzi, foi escrito ao longo dos anos por diversos autores, que compartían estilo e afinidades intelectuais.[1] Porén, atribúenselle con seguridade os sete primeiros capítulos (chamados 內篇 nèi piàn, "capítulos interiores"), que son cronoloxicamente anteriores ao resto da obra e parecen escritos pola mesma man.[1] O resto da obra, os dezaseis "capítulos exteriores" (外篇, wài piàn) e os dez "capítulos misceláneos" (雜篇, zá piàn), pertencen aos seus discípulos ou a autores posteriores.[1]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Hansen, Chad (2021). Zalta, Edward N., ed. Zhuangzi (Fall 2021 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  2. Zhuangzi (1996). Zhuangzi (en castelán). Kairós. 
  3. "School of Names > Life of Hui Shi (Stanford Encyclopedia of Philosophy)". plato.stanford.edu. Consultado o 2023-12-01. 
  4. Qiu, Peipei (2005). Bashō and the Dao: The Zhuangzi and the Transformation of Haika (en inglés). Hawai'i University Press. 
  5. Admin, Purple Cloud (2020-08-30). "Daoism Series 23: 荘子 Zhuang Zi". Purple Cloud (en inglés). Consultado o 2024-01-17. 
  6. Mair, Victor H. (1994). Wandering the Way: Early Taoist Tales and Parables of Chuang Tzu (en inglés). Bantam Books. ISBN 0-553-37406-0. 
  7. Ziporyn, Brook (2009). Zhuangzi: The Essential Writings with Selections from Traditional Commentaries (en inglés). Hackett Publishing. ISBN 978-1-60384-435-2. 
  8. Horne, Charles F., ed. (1917). The Sacred Books and Early Literature of the East, Volume XII: Medieval China (en inglés). Parke. 
  9. Kirkland, Russell (2004). Taoism: The Enduring Tradition (en inglés). Routledge. ISBN 978-0-415-26321-4. 
  10. "Zhuang Zi: maestro Chuang Tsé — 南华真经 (Nan Hua Zhen Jing) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2024-01-17. 
  11. "Los capítulos interiores de Zhuang Zi — 南华真经 (Nan Hua Zhen Jing) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2024-01-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.