Zisi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 483 a. C. China |
Morte | 402 a. C. (80/81 anos) |
Relixión | Confucianismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Confucianismo |
Ocupación | filósofo |
Profesores | Zengzi |
Alumnos | Mencio |
Familia | |
Fillos | Kong Bai |
Pai | Kong Li |
Kong Ji, máis coñecido como Zisi (chinés tradicional e simplificado: 子思; pinyin: Zǐsī; Wade-Giles: Tzu3-ssu1), nado contra o 481 a.C. e finado cara ao 402 a.C., foi un filósofo chinés, neto de Confucio, ao que se lle atribúe o Zhongyong, un dos Catro Libros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zisi era o fillo de Kong Li, así como o único neto de Confucio. Segundo a tradición, transmitiu as ensinanzas confucianas a Mencio[1] e escribiu o Zhongyong ou "Doutrina do medio", un dos Catro Libros. Tamén se lle atribúen o Wuxing, o Biaoji, o Ziyi e mais o Fangji, que na actualidade son capítulos do Liji ou "Libro dos ritos". Porén, Zisi non puido coincidir no tempo con Mencio, polo que algúns autores suxiren que foi mestre de Shi Shuo, quen despois ensinaría a Mencio.[2]
Namentres o seu avó distinguiu entre o coñecemento verdadeiro e o aparente, Zisi iniciou as súas disquisicións dende a noción da relatividade do coñecemento humano. Tentou analizar as accións humanas en base a diferentes tipos, e defendeu que as persoas sabias que son conscientes dos seus deberes morais e intelectuais poden copiar a realidade do universo neles mesmos.
Xunto con Mencio, Zisi foi obxecto das críticas de Xunzi, quen atacou sobre todo as doutrinas do Wuxing. Segundo Zhang Binglin (1868-1936), Zisi tratou de combinar as ensinanzas confucianas cos principios da numeroloxía chinesa. Pola súa banda, Li Xueqin (1933-2019) suxeriu que esta mestura de influencias está baseada no Shangshu.[3]
Influencia
[editar | editar a fonte]No Lu Mu gong wen Zisi 魯穆公問子思 ("O duque Mu de Lu pregunta a Zisi"), un dos textos de Guodian, desenvólvese a noción de zhongchen 忠臣 ("oficial leal") a través dun diálogo ficticio entre o duque Mu (século IV a.C.) e Zisi.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ames, Roger T.; Hall, David L. (2001). Focusing the Familiar: A Translation and Philosophical Interpretation of the Zhongyong (en inglés). University of Hawai'i Press. ISBN 9780824824600.
- Cao, Feng (2000). "思孟學派的建構與解構 [Construción e deconstrución das escolas de Zisi e Mencio]". Jianbo yanjiu (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 2010.
- Li, Xueqin (1986). "帛书《五行》与《尚书·洪范》 [Os textos de Guodian do Wuxing e o Shangshu]". Xueshu yuekan (en chinés).