Zorrotza
Aparencia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Biscaia | ||||
Comarcas | Gran Bilbao | ||||
Concello | Bilbao | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.999 (2023) (8.526,36 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1,29 km² | ||||
Zorrotza (en castelán: Zorroza) é un barrio do distrito de Basurtu-Zorrotza da cidade de Bilbao. Ten unha poboación duns 16.000 habitantes (2006).
Atópase no extremo noroccidental do concello de Bilbao, entre o río Cadagua, que o separa de Barakaldo, e a ría do Nervión, na que desemboca o primeiro nos límites de Zorrotza.
O nome procede do adxectivo éuscaro zorrotz que significa agudo ou afiado, en alusión á forma triangular aguda que colle o barrio coa desembocadura do río Cadagua na ría do Nervión, convertendo a Zorrotza nunha península.