Zulfuqar Əhmədzodə
Nome orixinal | (tly) Zulfuǧar Əhmədzadə (az) Zülfüqar Əhmədzadə |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de xuño de 1898 Pensər, Azerbaidján (en) |
Morte | 1 de xuño de 1942 (43 anos) Mariinsk, Rusia (pt) |
Causa da morte | Represión |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta, tradutor |
Xénero artístico | Verso e poesia narrativa (pt) |
Familia | |
Fillos | Rüfat Ahmadzada |
Zulfuqar Əhmədzodə, nado en Pensər en 1898 e finado en Mariinsk o 9 de xuño de 1942, foi un poeta e político talish.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou primeiro nunha madrasa, e alí comezou a escribir poemas relixiosos no xénero mersiye (elexías). Logo completou a súa educación nunha escola rusa da súa vila natal e completou a súa educación en Istambul.
Despois da revolución rusa apoiou os bolxeviques. Entre 1920 e 1937 ocupou diferentes cargos na administración, dirixiu o comité executivo da súa provincia natal de Astara, e despois presidiu o comité executivo dunha provincia da RSS de Armenia. Detido en 1937 tras enfrontarse co líder de Azerbaidján Mir Jafar Baghirov. Condenárono a cinco anos de prisión pero morreu, antes de cumprir a pena, logo dunha longa enfermidade no hospital da cidade de Mariinsk.
Escribiu moitos poemas en talish e azerí, entre os máis coñecidos figuran "Toloshi zhimon" (1931 en talish), "Davarda Ruzon" (en talish) e "Arktïka dastanı" (en azerí). Defensor do recoñecemento dunha entidade talish e creador da lingua literaria talish,[1] Zufulqar traduciu ao talish clásicos da literatura rusa e escribiu libros de texto e manuais da lingua talish para a escola primaria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Аллахверди Агарзазаде. Talış poeziyasının günəşi - Zülfüqr Əhmədzadə (Pensəj) (азерб.) // Tolışi sədo : газета. — Январь 2010. — No 2(110). — S. 7.