Zulu Sofola
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1935 Issele-Uku, Nixeria (en) |
Morte | 5 de setembro de 1995 (60 anos) |
Educación | Universidade Católica de América - drama Southern Baptist Theological Seminary (en) Virginia Union University (en) Universidade de Ibadan |
Actividade | |
Campo de traballo | Teatro |
Ocupación | dramaturga, escritora, realizadora, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Ibadan University of Ilorin (en) |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
Zulu Sofola, nada o 22 de xuño de 1935 e finada o 5 de setembro de 1995[1], foi unha dramaturga nixeriana, a primeira do seu país[2]. Sofola foi tamén profesora universitaria, e a primeira muller docente de artes teatrais en África.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nwazuluwa Onuekwuke Sofola[3] naceu no estado de Bendel, filla de Nwaugbade Okwumabua e o xefe Ogana Okwumabua, do pobo igbo e procedentes de Issele-Uku, na área administrativa de Anochia North, no Estado do Delta.
Foi á escola en Asaba e ao Instituto Feminino Baptista de Agbor.[4]. Debido ao seu bo rendemento escolar revibiu unha bolsa para completar os estudos secundarios en Nashville (Tennessee). Despois estudou no Southern Baptist Theological Seminary en Louisville (Kentucky) e en 1959 graduouse en Lingua Inglesa na Universidade de Virxinia en Richmond (Virxinia). En 1965 rematou un mestrado en Escritura e produción de dramaturxia na Universidade Católica de América en Washington, D.C.[1] Regresou a Nixeria en 1966, e converteuse en lectora no departamento de Artes Teatrais da Universidade de Ibadan (Estado de Oyo), onde se doutorou en Artes Teatrais (Teoría da Traxedia) en 1977.[4] Ensinou Drama na Universidade de Ilorin (Kwara), onde foi nomeada xefa do departamento de Artes Performativas.
Sofola foi cantante, bailarina e escritora prolífica. Escribiu e dirixiu numerosas obras para teatro e televisión, incluídas pezas propias, como King Emene. As súas obras "van desde a traxedia histórica até a comedia doméstica, e utilizan o escenario africano tradicional e moderno".[5] Usa "elementos de maxia, mitoloxía e ritos para entender os conflitos entre o tradicionalismo e o modernismo nos que a supremacía persiste"[6]. Está considerada unha das mulleres máis destacadas da literatura do seu país.[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- The Deer Hunter and The Hunter's Pearl (1969)
- The Disturbed Peace of Christmas (1971)
- Wedlock of the Gods (1972)
- The Operators (1973)
- King Emene: Tragedy of a Rebellion (1974)
- The Wizard of Law (1975)
- The Sweet Trap (1977)
- Old Wines Are Tasty (1981)
- Memories in the Moonlight (1986)
- Queen Omu-ako of Oligbo (1989)
- Eclipso and the Fantasia (1990)
- The Showers (1991)
- Song of a Maiden: A Play (1992)
- Lost Dreams and Other Plays (1992)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Biography". Zulu Sofola (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2019. Arquivado 30 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ "Nigeria's female writers have arrived". Sun (en inglés). 25 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 25-05-2007. Consultado o 12-08-2019.
- ↑ Iyegbu,I.. "Nwazuluwa Onuekwuke Sofola". Issele-Uku (en inglés). Archived from the original on 30 de decembro de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 "Zulu Sofola". ZODML (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2018. Consultado o 23 de maio de 2018.
- ↑ Busby, M. (1992). Daughters of Africa: An International Anthology of Words and Writings by Women of African Descent. Londres: Jonathan Cape. p. 450.
- ↑ Banham, M, Errol Hill e Woodyard, G. (eds) (1994). "Sofola, Zulu". The Cambridge Guide to African & Caribbean Theatre. Cambridge University Press. p. 82.
- ↑ "Zulu Sofola". Africa Database. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2006. Consultado o 12 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gikandi, Simon (2002): Encyclopedia of African Literature, Routledge. ISBN 0-415-23019-5 - p. 502
- Gilbert, H. (1996): Post-Colonial Drama: Theory, Practice, Politics, Routledge. ISBN 0-415-09024-5 - p. 183.
- Kolawole, M. E. M. (1999): Zulu Sofola: her life & her works, Caltop Publications (Nigeria). ISBN 978-33187-9-9
Ligaźons externas
[editar | editar a fonte]- zulusofola.com ′Zulu Sofola official website.
- Zulu Sofola at Black Plays Archive, National Theatre.