Zunido
Acúfenos | |
---|---|
![]() Representación subxectiva do tinnitus e a súa sensación | |
Sinónimos | Tinnitus, acúfeno, zunido etc. |
Especialidade | Audioloxía, Neuroloxía, Otoloxía, Otorrinolaringoloxía |
Síntomas | Sensación dun ruído constante sen fonte externa |
Complicacións | Insomnio, ansiedade, estrés, dificultades de concentración, perda auditiva asociada |
Inicio habitual | Pode aparecer de súpeto ou progresivamente |
Duración | Crónico ou transitorio |
Tipos | Subxectivo (percibido só polo paciente), Obxectivo (detectable por un médico) |
Causas | Exposición a ruído forte, envellecemento, lesións no oído, dano nas células ciliadas da cóclea, trastornos vasculares, doenzas do oído interno, traumatismos craniais, estrés, problemas circulatorios, infeccións, efectos secundarios de fármacos |
Factores de risco | Efectos secundarios de algúns fármacos, exposición a ruídos fortes, envellecemento, doenzas cardiovasculares |
Diagnóstico | Avaliación médica, audiometría, timpanometría, exames de imaxe (RMN, TAC en casos sospeitosos) |
Condicións semellantes | Hipoacusia, síndrome de Ménière, misofonía, hiperacusia |
Prevención | Protección auditiva en ambientes ruidosos, control da presión arterial |
Tratamento | Terapias sonoras, readestramento auditivo, técnicas de relaxación |
Medicación | Ansiolíticos, antidepresivos, vasodilatadores (en casos seleccionados) |
Prognose | Pode desaparecer espontaneamente ou volverse crónico |
Frecuencia | 15-20% da poboación adulta experimenta algún grao de tinnitus |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Chámase zunido,[1] acúfeno ou tinnitus[2] (do latín médico tinnitus) a unha sensación auditiva cuxa fonte non procede dun estímulo externo ao organismo. É un síntoma asociado a varias formas de perda auditiva pero tamén a outras enfermidades, xeralmente asociado a traumatismos físicos.
Trátase dun fenómeno perceptivo que consiste en notar golpes ou pitos no ouvido que non están orixinados en fonte externa ningunha.
Causas
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/PMC4148481_gr3_%281%29.png/250px-PMC4148481_gr3_%281%29.png)
Este zunido suponse que se produce polo aumento da actividade das áreas cerebrais que interveñen na audición, e aparece asociado a trastornos do aparello auditivo. Non se limita a un tilintineo, pode percibirse en forma de pitos, zunido grave ou agudo, rouco, sibilancia, ruído branco, estrondo ou cantar de grilos, entre outros sons.
A forma máis habitual ten a súa orixe en lesións do oído interno, a cóclea, por exposición delongada a sons por riba do volume límite para a saúde humana, 85 decibelios. Outras causas poden ser as infeccións e as lesións, así como o uso dalgúns medicamentos.
Mecanismos cerebrais
[editar | editar a fonte]Os estudos de neuroimaxe indican que o tinnitus está asociado a cambios na actividade cerebral, especialmente en áreas relacionadas coa audición e a percepción sensorial. As rexións en azul están implicadas na modulación do son, mentres que as áreas en verde están relacionadas tanto coa percepción auditiva como coa emoción vinculada ao tinnitus.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "zunido". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-31.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2025-01-31.
- ↑ Rauschecker, Josef P.; Leaver, Amber M.; Mühlau, Mark (2010). "Tuning out the noise: Limbic-auditory interactions in tinnitus". Neuron 66 (6): 819–826. PMID 20620868. doi:10.1016/j.neuron.2010.04.032.
- ↑ Rauschecker et al., 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Shemesh Z, Attias J, Ornan M, Shapira N, Shahar A. : Vitamin B12 deficiency in patients with chronic-tinnitus and noise-induced hearing loss. Am J Otolaryngol. 1993 Mar-Apr;14(2):94-9.
- Shemesh Z., Pratt H, Reshef I, Bresloff I, Horowitz G, Polyakov A : Detailed analysis of auditory brainstem responses in patients with noise-induced tinnitus. Audiology. 1996 Sep-Oct;35(5):259-70.