Conversa usuario:Álvaro Díaz Seijo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Álvaro Díaz Seijo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 28 de agosto de 2018 ás 11:20 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Álvaro Díaz Seijo. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 30 de agosto de 2018 ás 21:37 (UTC)[responder]

Moitas grazas a verdade e que e bó ter unha axuda nas traduccións porque sempre queda algo.--Álvaro Díaz Seijo (conversa) 31 de agosto de 2018 ás 11:14 (UTC)[responder]

Modelo:Vía[editar a fonte]

Álvaro, podes empregar o Modelo:Vía na páxina da LU-12‎, que vexo que tes algún problema coa caixa de información. Se necesitas axuda escríbeme unha mensaxe. Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 12:27 (UTC)[responder]

Votación[editar a fonte]

Boas Álvaro, houbo que riscar o teu voto na votación do artigo de Carl Sagan porque non cumpres os requisitos mínimos para participar, podes velos en Wikipedia:Votacións#Quen_pode_votar?. Pero non te preocupes, cun pouco de traballo máis xa poderás participar en tódolos procesos da Galipedia :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 23:42 (UTC)[responder]

Non pasa nada, se queres colaborar na Galipedia es benvido :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 23:50 (UTC)[responder]