Ortografía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ortografía deriva das palabras gregas ortho (ορθο no alfabeto grego) que significa "correcto" e graphos (γραφος) que quere dicir "escrita", ou sexa, ortografía é a forma correcta de escribir as palabras. A ortografía é a parte da gramática normativa que ensina a escribir correctamente as palabras de unha lingua definindo, nomeadamente, o conxunto de símbolos (letras e sinais diacríticos), a forma como deben ser usados, a puntuación, o uso de maiúsculas, etc. Unha mesma lingua pode ter varias ortografías, algunhas con pequenas diferenzas coma o inglés de Estados Unidos e o das illas, outras máis diversas, caso do noruegués (as máis comúns son a Bokmål e a nynorsk). Nalgúns casos até se utilizan diferentes sistemas de escrita para variedades moi próximas.

Apesar de oficialmente sancionada, a ortografía non é mais ca unha tentativa de transcribir os sons dunha determinada lingua en símbolos escritos. Esta transcrición é sempre por aproximación e raramente é perfecta e isenta de incoherencias.

Un dos sistemas ortográficos mais complexos é o da lingua xaponesa que usa unha combinación de varias centenas de caracteres ideográficos kanji, de orixe chinesa, dous silabarios, katakana e hiragana, e ainda o alfabeto latino, a que dan o nome romaji. Todas as palabras en xaponés poden ser escritas en katakana, hiragana ou romaji.

Índice

[editar] Ortografía fonética e ortografía etimolóxica

Analizando as linguas europeas poden identificarse dúas tendencias ortográficas diferentes:

  • Ortografia fonética, en que a cada son corresponde unha letra ou grupo de letras únicos e a cada letra ou grupo de letras un son único, e, aínda, en que sexa sempre sinalada a sílaba tónica.
  • Ortografia etimolóxica, en que a un mesmo son poden corresponder diversas letras e a cada letra ou grupo de letras diversos sons, dependendo da historia, da gramática e dos usos tradicionais.

Tirando o caso do Alfabeto Fonético Internacional -- que consegue facer a transcrición para caracteres alfabéticos de todos os sons -- non hai sistemas ortográficos pura e exclusivamente fonéticos. No entanto, podemos dicir que son eminentemente fonéticas as ortografías das linguas búlgara, finlandesa, italiana, rusa, turca, alemá e, até certo punto, a da lingua española. No caso particular do español, podemos admitir que se trata dunha ortografía fonética en relación ao español estándar falado en España, pero non tanto en relación aos falares americanos, nomeadamente os da Arxentina e de Cuba, nos cales os principios de a cada son corresponder unha letra ou grupo de letras, nin sempre se verifica.

[editar] Ortografía do galego

Cando se comezou a escribir o galego-portugués, só se escribía en latín, polo que a ortografía latina era a utilizada (ortografía etimolóxica), pero había algúns sons no galego que non tiñan representación no latín polo que unha serie de variantes apareceron para representar estes sons:

  • m n ou ~ para representar a nasalidade: bom, bon ou bõ
  • ll, li, ly, lh para o fonema palatal lateral ʎ: fillo, filio, filho entre outras moitas
  • nn, ni, ny, nh, ñ para o fonema palatal nasal ɲ: lenna, lenha, leña, legna..

estes usos non impedían que noutros casos se usase o mesmo signo para outro son, principalmente por criterios etimolóxicos, así no mesmo texto podiase escribir allo e cavallo (cabalo)

Embora esas sexan as principais había moitas vacilacións, e como o galego nunca chegou a ser lingua oficial en Galiza (a diferenza do que ocorreu axiña en Portugal) non existiu até pouco unha tradición escrita estabelecida.

Cando se comezou a escribir galego de novo durante o rexurdimento, volveron as vacilacións, mais esta vez non respecto ao latín senón á ortografía española da época, así houbo un forte debate sobre a representación do fonema palatal ʃ existindo unha liña etimoloxista (baixo, igreja, gente, geologia) e outra foneticista, que se impuxo por practicidade, diferencialismo do español e fundamentalmente porque non se sabía ben cal era a forma correcta de moitas palabras.

Ao longo do século XX seguíu este debate até que foi estabelecida a cuestión por decreto pola Xunta de Galicia coa declaración das NOMIG como normativa oficial e a reacción do reintegracionismo coa normativa da AGAL. Así hoxe existen para o galego tres ortografías:

  • A normativa oficial elaborada pola RAG, na que se escribe esta wikipedia.
  • A normativa AGAL.
  • O acordo ortográfico luso-brasileiro

[editar] Outras ortografías

A ortografía actual do portugués é, tamén, bastante máis fonética ca etimolóxica. No entanto, antes da reforma ortográfica de 1911 en Portugal, a escrita oficialmente usada era marcadamente etimolóxica. Escribiase, por exemplo, pharmacia, lyrio, orthographia, phleugma, diccionario, caravella, estylo e prompto en vez dos actuais farmácia, lírio, ortografia, fleuma, dicionário, caravela, estilo e pronto. A ortografía tradicional etimolóxica perdurou no Brasil até a década de 1930.

Un exemplo típico de ortografía etimolóxica é a escrita do inglês. En inglés un grupo de letras (por exemplo: ough) pode ter máis de catro sons diferentes, dependendo da palabra onde está inserido. É tamén a etimoloxía que rexe a escrita da grande maioría das palabras no francés, onde un mesmo son pode ter até nove formas de escrita diferentes, caso das palabras homófonas au, aux, haut, hauts, os, aulx, oh, eau, eaux.


[editar] Ver tamén

  • Regras e compoñentes da ortografía:
  • Reformas ortográficas:
Ferramentas persoais