Saltar ao contido

James Worthy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJames Worthy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Gastonia, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAshbrook High School (en) Traducir
Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Editar o valor em Wikidata
Altura206 cm Editar o valor em Wikidata
Peso102 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor em Wikidata - 1994 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNCAA Division I men's basketball (en) Traducir e National Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor em Wikidata
Convocado porLos Angeles Lakers Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Los Angeles Lakers
1979-1982 North Carolina Tar Heels Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSierra Worthy (en) Traducir, Sable Worthy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjamesworthy42.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0941788 Editar o valor em Wikidata

James Ager Worthy, nado en Gastonia (Carolina do Norte) o 27 de febreiro de 1961, é un ex xogador universitario e profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,05 m, e xogou de ala en Los Angeles Lakers durante toda a súa carreira na NBA.

Universidade[editar | editar a fonte]

Worthy foi un xogador destacado da Universidade de North Carolina (chamados Tar Heels), e en Villarbasse gañando en 1981 o título de primeira división, en 1982 o título campionato da NCAA (o novato Michael Jordan estaba tamén neste equipo e meteu o último tiro para acabar gañando o partido, pero foi un roubo de Worthy o que fixo decidir o encontro) antes de ser elixido no Draft da NBA de 1982 en primeira posición por Los Angeles Lakers.

NBA[editar | editar a fonte]

Como xogador dos Lakers, contribuíu a gañar tres campionatos da NBA en 1985, 1987, e 1988 baixo a dirección de Pat Riley. Era moi coñecido polo seu mate a unha man coñecido como a estatua da liberdade. Aínda que menos coñecido que os seus compañeiros do Hall of Fame (Salón da Fama), Kareem Abdul Jabbar e Magic Johnson, os seus compañeiros, considerárono unha parte importante do éxito dos Lakers. Como un recibidor dos pases cegadores de Magic, era un gran finalizador grazas á súa habilidade para planear cara á canastra aparentemente sen esforzo. En 1983 foi elixido como membro do primeiro equipo de novatos (rookies) da NBA de 1983 (por decisión unánime). Os seus 36 puntos, 16 rebotes e 10 asistencias do sétimo partido das Finais da NBA de 1988 fixéronlle gañar o título de MVP (Xogador Máis Valioso) das Finais. En 1990 con 38 puntos de media por partido gañou a liga de promoción co ATLAVIR.Empezou a levar lentes protectoras despois de sufrir unha lesión grave no ollo durante a tempada 1984-1985.

Alcumado "Big Game James" (Gran Partido James) por Chick Hearn (o lendario comentarista dos Lakers), Worthy xogou en 926 partidos da NBA, tivo unha porcentaxe de tiro na súa carreira de 52.1% cunha media de 17,6 puntos por partido (21,1 puntos por partido en Playoff). En 2003 entrou no Salón da Fama do Baloncesto na primeira votación. Os Lakers retiraron a súa camiseta (nº42) despois da súa retirada.

Dende a tempada 2005-2006, Worthy traballa como comentarista de apoio para as retransmisións de partidos e os seus resumos na KCAL-TV e as estacións de televisión KCBS nos Ánxeles. Tamén foi vicepresidente sénior de RP&Associates, unha compañía de mercadotecnia de Hermosa Beach (California), dende febreiro de 2005.

Arresto en 1990[editar | editar a fonte]

En 1990, Worthy foi detido en Houston acusado de solicitación de prostitución. Estaba na cidade cos Lakers para xogar un partido cos Houston Rockets. Segundo a policía, antes do xogo, Worthy fixo unha chamada a un "servizo de compañía" local e pediu que dúas mulleres se reunisen con el na súa habitación de hotel. Sen sabelo Worthy, a policía xa pechara o servizo e enviou a dous axentes encubertos do escuadrón antivicio.

Worthy foi encarcerado e non puido pagar a fianza e liberarase a tempo para chegar ao comezo partido, xogando Sam Perkins no seu lugar. Con todo, acabou chegando pouco despois do comezo do encontro e acabaría xogando o partido. Con todo, a súa ausencia na aliñación inicial serviu para garantir a máxima publicidade da vergoñenta detención, como os xornalistas que cubrían o encontro, buscado e notificando a razón de por que non saíra como titular. Un mes máis tarde, o Worthy declarou "Nolo contendere" (un tipo de alegación estadounidense para non declararse nin inocente nin culpable). Finalmente foi condenado a un ano de liberdade condicional, unha multa de $1.000 dólares e 40 horas de servizo comunitario. Worthy estaba casado no momento do incidente. El e a súa esposa, Angela, fixeron un intento de salvar o seu matrimonio, mais o dano era demasiado grande e divorciáronse en 1995.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]