Porco

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Porco
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: artiodactyla
Familia: Suidae
Xénero: Sus
Nome científico
Sus domesticus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O porco (tamén coñecido como cocho ou marrán) é un mamífero tipicamente doméstico, de nome científico Sus scrofa, aínda que algúns autores danlle o nome de Sus domesticus (ou Sus scrofa domesticus) para o diferenciar do porco bravo ou xabarín, ó cal se lle atribúe o nome de Sus scrofa.

Porca de cría

O porco domesticouse hai uns 5.000 anos. Ironicamente, o porco chegou a Europa dende Turquía, lugar onde este animal non aparece na gastronomía tradicional debido a ser agora un país islámico.

Aínda que o porco é doméstico e non existe salvaxe na natureza, si existen porcos asilvestrados, que adoitan causar estragos nos ecosistemas.

O porco críase pola súa carne, directamente ou transformada en embutidos ou outros produtos cárnicos. Entre outros, do porco saen o lacón, o xamón, o touciño ou o chourizo. Tamén se cría para obter un coiro suave e para facer as cerdas dos cepillos.

En Galicia, a crianza do porco goza de gran tradición. Isto demóstrase na popular matanza do porco de San Martiño ou a fama de xamóns coma o de Lalín ou o da Cañiza.

Índice

[editar] Aproveitamento

Matanza tradicional no Ribeiro
Cacheira e chourizos no Corpiño, Lalín
Xamóns

[editar] Terminoloxía

Entre outros nomes para porco en galego temos o de cocho. Dependendo da idade, nomeábanse do seguinte xeito:

  • bacoriño
  • marrote

[editar] Razas de porco doméstico

Artigo principal: Lista de razas de porcino.

[editar] Porco celta

A raza de porco celta é unha variedade que até comezos do século XX era a maioritaria en Galiza. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, en 1999 púxose en marcha a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta. O apoio público coa creación dun rexistro da raza e a difusión das cualidades deste animal está a favorecer o rexurdimento da cabana maioritaria en Galiza, antes de se ver desprazada por novas razas que ofrecían un maior crecemento.

[editar] O porco na cultura popular

Véxase O porco na cultura popular galega.

O porco e os seus produtos constitúen un importante elemento na gastronomía galega. Así, non pode extrañar que estea presente en numerosas festas gastronómicas repartidas por toda Galicia:

  • Festa do Lacón: a mediados do mes de xullo, en Silleda (Pontevedra).
  • Festa do Porquiño á Brasa: último domingo de agosto, en Amil (Pontevedra).
  • Festa do Porquiño á Brasa: 16 de novembro, en Vilaxoán (Vilagarcía, Pontevedra).
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais