Saltar ao contido

Takekazu Asaka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTakekazu Asaka
Nome orixinal(ja) 浅香武和 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Kansai Gaidai Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , catedrático , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa e lingua galega Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1683260 Dialnet: 3767085

Takekazu Asaka (en xaponés: 浅香武和), nado en Toquio en 1952,[1] é un lingüista e profesor xaponés. Traduciu ó xaponés obras de autores en lingua galega e elaborou a primeira gramática galega para nipóns. Defínese a si mesmo como "embaixador da cultura galega no Xapón".[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cantares gallegos, Toquio.

É profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Tsudajuku, en Toquio.[3] Coñeceu Galicia por vez primeira en 1989 para participar no XIX Congreso Internacional de Filoloxía e Lingüística Románica, e dende que coñeceu a lingua e a cultura galegas converteuse no seu gran defensor.[4] É profesor en Toquio de gramática española e impartiu cursos de lingua e cultura galegas. Tamén é o responsable de organizar en Toquio, e noutras cidades, ciclos de música e poesía galegas para celebrar o Día das Letras Galegas.

Entre xuño de 2017 e xuño de 2024 foi membro correspondente da Real Academia Galega (RAG), en recoñecemento ao seu traballo. O 6 de xuño de 2024 foi nomeado membro de honra pola RAG.[5]

En 2002 traduciu ó xaponés Cantares gallegos de Rosalía de Castro, publicado por DTP Publishing.[6][7] En 2014, traduciu ó xaponés Contos da miña terra da mesma autora, con prólogo de María do Carmo Ríos Panisse e un CD coa lectura do texto, editado por DTP Publishing.[7][8] No ano 2017 publicou unha edición bilingüe de Os Eidos de Uxío Novoneyra.[3]

Durante a pandemia de COVID-19 elaborou a tradución de tres obras clásicas da literatura galegaː A rosa de cen follas e As Romaxes da Franqueira de Ramón Cabanillas, e a Introdución ás Cantigas de Santa María, de Afonso X O Sabio, coas que pretendía "unir e achegar a cultura galega e a xaponesa", e que foron presentadas en 2022. Tamén produciu un CD musical para homenaxear A rosa de cen follas, con cancións interpretadas pola soprano Miho Haga e a pianista Rika Nishikawa.[9]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Gramática do galego moderno (bilingüe xaponés-galego). (1993) Toquio: Daigakusyorin. (195 páxinas; ISBN 4-475-01807-2)
  • Guía de conversación en galego (1994)
  • Vocabulario básico da lingua galega. (1996) Toquio: Daigakusyorin. ISBN 4-475-01231-7. (As primeiras 122 páxinas son un índice galego-castelán-xaponés. Despois da 158 prosegue coas equivalencias castelán-galego e até o final do libro coas xaponés-galego. Na presentación afirma conter 2600 equivalencias)
  • Cantares gallegos de Rosalía de Castro (traducido ó xaponés en 2002). DTP Publishing.
  • Cantata a Ramón Cabanillas (2013)
  • Contos da miña terra de Rosalía de Castro(traducido ó xaponés en 2014)
  • Xograr Martín Codax (2015)
  • Nova gramática do galego (2017)
  • Os Eidos, de Uxío Novoneyra (edición bilingüe galego-xaponés en 2017)
  • A rosa de cen follas (traducido ó xaponés en 2019)
  • As Romaxes da Franqueira, de Ramón Cabanillas (edición bilingüe galego-xaponesa en 2022)
  • Introdución ás Cantigas de Santa María, de Afonso X O Sabio (edición bilingüe gallego-japonesa en 2022)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu o Premio Ramón Cabanillas de Tradución en 2017 polo seu labor de divulgación da lingua e da literatura galegas.[10]

En xuño de 2017 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega en recoñecemento do seu traballo.[11] O 28 de outubro de 2023 foi nomeado membro de honra da RAG.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Victoria Moreno Márquez". Real Academia Galega. 17 de xuño de 2017. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  2. Veiga, Marta (5 de marzo de 2018). "Takekazu Asaka: "O son do castelán fáiseme moi duro; reláxame escoitar o galego con gheada"". Galiciaé. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Redacción (5 de agosto de 2017). "'Os Eidos' de Novoneyra ven a luz en xaponés da man de Takekazu Asaka". El Progreso. 
  4. "A cantata a Cabanillas (e a Galicia) de Takekazu Asaka, o brigadista que veu de moi lonxe". ProLingua. 17 de abril de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  5. "De honra". Real Academia Galega. Consultado o 2024-06-16. 
  6. Redacción (10 de marzo de 2009). "'Cantares Gallegos' se puede leer en japonés". El Progreso (en castelán). 
  7. 7,0 7,1 "Asaka publica en xaponés ‘Contos da miña terra’". Fundación Rosalía de Castro. 2014-07-30. Consultado o 2024-03-14. 
  8. Asaka, Takekazu: "Contos da miña terra", con limiar de Angueira, A. e prólogo de Ríos Panisse, M. en Álvarez; Angueira; Rábade e Vilavedra (coords.) (2014). "Contos da miña terra". Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. pp. 994–1037. 
  9. Press, Europa; ozonoadmin (2022-08-05). "'Takiño', "el embajador del gallego en Japón", presenta tres obras clásicas de la literatura gallega en japonés-gallego". GC Diario :: Versión en castellano de GC - Galicia Confidencial (en castelán). Consultado o 2024-06-16. 
  10. Real Academia Galega, ed. (26 de xullo de 2019). "Takekazu Asaka recibe o Premio Ramón Cabanillas". Consultado o 30 de xullo de 2019. 
  11. Real Academia Galega, ed. (28 de xullo de 2017). ""Participar nos Cursos de lingua e cultura galegas cambiou a miña vida"". Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  12. "O pleno da RAG elixe académico de número a Anxo Angueira e nomea membro de honra a Takekazu Asaka". Real Academia Galega. 2023-10-28. Consultado o 2023-10-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]