Saltar ao contido

ʻEua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «'Eua»)
Modelo:Xeografía físicaʻEua
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Descubridor ou inventorAbel Tasman Editar o valor en Wikidata
Parte deTongatapu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaTonga Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaʻEua (distrito), Tonga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 21°22′13″S 174°56′16″O / -21.3703, -174.9378
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións7,5 (ancho) × 19 (lonxitude) km
Superficie86,7 km² Editar o valor en Wikidata
Bosque tropical en 'Eua

´Eua é unha illa de Tonga, a illa irmá de Tongatapu situada a 18 km ao sueste.

A diferenza das outras illas de Tonga, 'Eua é unha illa volcánica montañosa que se eleva na parte oriental a 383 m. Ten 19 km de longo e 7,5 km de ancho, cunha superficie total de 87,44 km². É unha das illas máis antigas do Pacífico producindo unha terra rica para a agricultura e un bosque tropical con especies endémicas.

Xeograficamente é do grupo de Tongatapu. Administrativamente forma unha división con dous distritos: 'Eua Proper e 'Eua Fo'ou.

A poboación total no censo de 1996 era de 4 934 habitantes. As vilas de 'Eua teñen unha poboación de diferentes orixes: Houma, 'Ohonua (a capital), Tufuvai e Pangai son orixinarios de 'Eua; as nove vilas do distrito de 'Eua Fo'ou foron fundadas por emigrantes de Niuafo'ou cando o volcán entrou en erupción en 1946; Ha'atu'a e Kolomaile son de poboación emigrada de 'Ata que escapaba dos negreiros peruanos do século XIX; 'Ahau é de població emigrada de Tongapatu e Ha'apai.

Unha lenda explica que Sinilau levou a Hina de Samoa a Tongatapu. Un polbo raptouna e Sinilau viu como as dúas cabezas ían flotando cara á a illa veciña. O nome ´e ua significa os dous.

'Eua foi descuberta en 1643, polo holandés Abel Tasman que a bautizou como Middelburg Eylandt como a cidade de Middelburgo nos Países Baixos.

Mapa de 'Eua
Mapa de 'Eua