ʻEua
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Descubridor ou inventor | Abel Tasman ![]() | |||
Parte de | Tongatapu (en) ![]() ![]() | |||
Situado na entidade xeográfica | Tonga ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | ʻEua (distrito), Tonga (pt) ![]() ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 7,5 (![]() ![]() | |||
Superficie | 86,7 km² ![]() | |||

´Eua é unha illa de Tonga, a illa irmá de Tongatapu situada a 18 km ao sueste.
A diferenza das outras illas de Tonga, 'Eua é unha illa volcánica montañosa que se eleva na parte oriental a 383 m. Ten 19 km de longo e 7,5 km de ancho, cunha superficie total de 87,44 km². É unha das illas máis antigas do Pacífico producindo unha terra rica para a agricultura e un bosque tropical con especies endémicas.
Xeograficamente é do grupo de Tongatapu. Administrativamente forma unha división con dous distritos: 'Eua Proper e 'Eua Fo'ou.
A poboación total no censo de 1996 era de 4 934 habitantes. As vilas de 'Eua teñen unha poboación de diferentes orixes: Houma, 'Ohonua (a capital), Tufuvai e Pangai son orixinarios de 'Eua; as nove vilas do distrito de 'Eua Fo'ou foron fundadas por emigrantes de Niuafo'ou cando o volcán entrou en erupción en 1946; Ha'atu'a e Kolomaile son de poboación emigrada de 'Ata que escapaba dos negreiros peruanos do século XIX; 'Ahau é de població emigrada de Tongapatu e Ha'apai.
Unha lenda explica que Sinilau levou a Hina de Samoa a Tongatapu. Un polbo raptouna e Sinilau viu como as dúas cabezas ían flotando cara á a illa veciña. O nome ´e ua significa os dous.
'Eua foi descuberta en 1643, polo holandés Abel Tasman que a bautizou como Middelburg Eylandt como a cidade de Middelburgo nos Países Baixos.

![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ʻEua |